Tráfico

O PP consegue o apoio do pleno para mellorar a seguridade vial en puntos conflitivos da cidade

By 28 Xullo, 2016No Comments

A existencia de diversas interseccións conflitivas na cidade provoca que sexa conveniente regulalas para mellorar a fluídez do tráfico pero, especialmente, para garantir a seguridade dos condutores e nomeadamente dos peóns que por elas transitan.

Nese senso, dende o Grupo Municipal do Partido Popular temos detectado catro eixes nos que é preciso intervir:

 

  1. A substitución da regulación semafórica hoxe existente por sistemas alternativos como a creación de glorietas ou rotondas en puntos como a confluencia de Avenida de Magoi con Campos Novos ou a Avenida de Magoi con Estrada da Granxa.
  1. O desprazamento ou modificación da regulación semafórica para que esta sexa máis útil, como, por exemplo, co traslado dos dispositivos lumínicos que hoxe se atopan entre Perpetuo Socorro e a Avenida da Coruña, que poderían ser reubicados na confluencia de Xulia Minguillón, Ramiro Rueda e a propia Avenida da Coruña.
  1. A incorporación de nova regulación semafórica en interseccións coma o de Ángelo Colocci coa Rúa Lavandeira, así como estudar a posibilidade de instalar semáforos en ámbar para advertir do perigo de cruces como San Roque – Marina Española – Pena do Rei ou Bal y Gay – Xosé Castiñeira – Ronda das Mercedes – Novo Freire.
  1. Adoptar outros cambios que se consideren oportunos, entre os que suxirimos:
    1. Ampliar o tempo de paso nos semáforos do entorno do novo centro comercial Abella, entre a Rúa Orquídea e a Avenida Breogán; ou a Rúa Orquídea con Iglesias Alvariño
    2. Permitir permanentemente xiros con semáforos auxiliares en puntos como: á dereita entre Duquesa de Lugo e Monte Faro en sentido entrada á cidade, dando ademais a posibilidade de empregar os dous carrís para continuar de fronte e evitar atascos; á dereita entre Duquesa de Lugo e Paulo Fabio Máximo en sentido entrada á cidade; ou á esquerda entre o Carril de Catasol e a rúa Catasol.
    3. Permitir que no semáforo da confluencia entre Ronda das Mercedes e Rof Codina en sentido San Eufrasio os vehículos que continúan cara a Ronda das Fontiñas poidan continuar a marcha mentres xiran á esquerda os automóbiles deste mesmo dispositivo.

Paralelamente, cómpre destacar que existen outras interseccións como a da Ronda das Fontiñas con San Eufrasio ou entre Santo Grial e Mar Cantábrico nas que tamén se fai preciso intervir ante o déficit de seguridade que presentan.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE

Instar ao Goberno Municipal:

  1. A estudar a posibilidade de levar a cabo, entre outras, estas modificacións na regulación semafórica da cidade así como calquera outra mellora na seguridade viaria, nomeadamente nos puntos sinalados.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies