CulturaInfraestruturas

O PP consegue melloras no que será o quinto prego de condicións para adxudicar a cafetería do vello cárcere

By 25 Marzo, 2022Sin comentarios

Os populares aplauden que “o PSOE recapacite e hoxe anuncie un investimento de 50.000 € para rematar o equipamento desta cafetería panorámica

O Partido Popular  agradece que “pola presión e ás denuncias públicas realizadas tralos catro fracasos na adxudicación da cafetería vello cárcere o bigoberno parece que, por fin, recapacita”.  Hoxe a respostas do Grupo Popular vén de anunciar que “aportará 50.000 € para a compra do mobiliario e equipamento da cociña da cafetería do vello cárcere así como para a instalación e legalización completa de gas e execución da saída de fumes un investimento que  ata o de agora esixía ao concesionario”. Outra cuestión que vai considerar para o futuro e xa quinto prego de condicións é que o baño para persoas con discapacidade que hai no vello cárcere sexa accesible en todo o horario de apertura da cafetería”.

Fiasco proxectos fondos europeos.-

O Partido Popular desconfía que os aparcamentos con sensores do smart city funcionen nos tres ou catro meses que hoxe o goberno local puxo como prazo para súa posta en marcha. Os populares fan esta reflexión logo das “respostas que presentaron en comisión”. Como imos dar crédito ao bigoberno que nos di á cara que funciona a App smart parking Lugo cando en tempo real lles amosamos que estaba fóra de servizo”.  As obras deste sistema de aparcamento que se fixo hai case dous anos financiose con cargo aos fondos europeos do Smart City e tiñan por obxecto localizar unhas 200 prazas  libres a través dunha aplicación móvil. O orzamentos que se destinaron para este proxecto foron 267.000€.

Por outra parte, os populares confirmaron coas respostas do PSOE sobre a inutilidade de catro pantallas táctiles nas que o bipartito gastou 50.000€ de fondos europeos era correcta e verídica. Logo de oito meses dende que a alcaldesa presentou estes dispositivos dixitais como un proxecto pioneiro para impulsar comercio local intentan xustificar a súa invalidez cun “se están a preparar os contidos e que o que hai é algo provisional”.

A resposta sobre cales son os beneficios que imos obter os cidadáns deste despilfarro responden que “non se fixo ningún tipo de seguimento sobre número de usuarios” e que en canto ao impacto que está a ter  “non se sabe ata que se poñan en marcha de verdade”.

En conclusión: As pantallas dixitais de 50.000 € que hai detrás da Casa do Concello en lugar de servir para promocionar y dinamizar el comercio local se empregan para autopromoción da alcaldesa. Un gasto máis para sustentar a política personalista de Lara Méndez.

Peticións colocación espellos de seguridade vial.-

O Partido Popular agradece que o goberno municipal confirmase en comisión que toma en consideración a petición para instalar un espello no cruce de Ramos Misioné e a Capela de Fingoi  co ánimo de favorecer á seguridad vial nesta zona. Os populares tamén lembran a necesidade de eliminar o tapón urbanístico que hai ao outro extremo desta vía e que tamén é outro punto perigoso nesta zona.

Outra petición do Grupo Popular é a de instalar outro espello de seguridade vial para garantir a visibilidade nun cruce da parroquia de Coeo onde hai tránsito de vehículos e é unha zona de paso de maquinaria.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies