CulturaTurismo

O PP consegue o apoio de medio cento de entidades lucenses para presentar a candidatura de Lugo á Capital Gastronómica de España

By 22 Marzo, 2021Sin comentarios

Os populares agradecen o respaldo dos colectivos veciñais, empresariais, do sector agroalimentario, dos cociñeiros salientando que “para nós é moi significativa a boa disposición de numerosas entidades lucenses a participar e colaborar con esta iniciativa”

O Partido Popular agradece a implicación e a expectación que xerou en diferentes sectores da cidade a proposta de que Lugo se presente para a candidatura de Capital Gastronómica de España para 2022.

O voceiro popular afirmaba que  “para nós é moi significativo que este proxecto reciba tantos apoios” salientando que entre os que nos trasladaron a súa confianza e firmaron a carta de adhesión que acompañará á proposición que o PP defenderá este xoves no pleno figuran: a Asociación de Veciños, as mulleres autónomas, Asociación Jóvenes Empresarios, Asociación Provincial de Hostelería, Asociación de fabricantes de pan, Asociación Provincial de Cociñeiros, Amigos do Camiño así como varias denominacións de orixe e empresas vinculadas co sector agroalimentario, entre outras.

Os populares afirman que nestes tempos de covid que nos toca vivir “o turismo gastronómico é unha das alternativas ao turismo de masificación e Lugo ten un potencial indiscutible para converterse en epicentro desta modalidade turística”.

Ramón Carballo explica que en Lugo contamos con hosteleiros, cociñeiros e hoteleros  punteiros no sector e tamén temos agricultores e gandeiros locais que traballan duro para poñernos na mesa productos de excelente calidade e, por suposto, podemos presumir de xóvenes formados na Escola de Hostelería de San Xillao.

No PP esperamos que o bigoberno esté á altura, que sepa recoñecer unha boa idea aínda que veña das bancadas do Partido Popular. Despois de falar con moitas entidades ao longo dos últimos días estamos convencidos de que conseguir para e ano 2022 a capitalidade gastronómica nos colocaría nun escaparate a nivel nacional publicitando a nosa cultura gastronómica froito da herdanza trasnmitida de xeración en xeración”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies