Economía

O PP consegue o apoio unánime a súa iniciativa para rebaixar o IVE das perruquerías un dos sectores máis castigados pola pandemia

By 25 Febreiro, 2021No Comments

Os populares agardan que o voto a favor non sexa “un xesto de cara á galería para quedar ben ou unha imposición do seu socio nacionalista” xa que noutras institucións “o PSOE rexeitou apoiar una proposición similar”

O Partido popular reiterou este xoves “a necesidade” de baixar o Imposto de Valor Engadido ás perruquerías, resaltando que en Lugo hai moitos negocios afectados, con traballadores en ERTES ou incluso con pérdida de postos de traballo.  A iniciativa dos populares era para demandar ao Goberno do Estado a redución do IVE dos salóns de peiteado, pasando do actual 21% a un 10%, dando o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen, nun momento de especial necesidade debido á crise da Covid-19.

Os populares agradecen á sensibilidade de socialistas e nacionalistas con este tema xa que estamos falando dun sector moi castigado pola pandemia e que ademais realizou un esforzo importante para adaptarse á normativa recomendada polas autoridades sanitarias, o que supuxo tamén un importante investimento que, apoiados pola administración autonómica, tiveron que asumir directamente.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies