Servizos sociaisUrbanismo

O PP consegue o compromiso da corporación para recuperar os tres kioscos da cidade para os lucenses

By 31 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular acadou o apoio maioritario do pleno para recuperar os kioscos que hai na cidade e que sexan elementos útiles para os lucenses. Unicamente se posicionou en contra deste acordo Ace-Eu, que optou por votar en contra de que estes elementos dean servizo aos cidadáns.

Hai mais de 15 anos a Rede Galega de Kioscos (Regaki), unha empresa dependente de Cogami puxo en funcionamento diferentes puntos de venta de prensa en toda a comunidade autonoma, promovendo así a integración laboral de persoas con discapacidade chegandoa crear emprego para mais de 90 persoas.
No 2004 o convenio suscrito entre COGAMI e Regaki no 2004 favoreceu a posta en funcionamento de 3 Quioscos no concello de Lugo, os cales ademais de funcionar como puntos de venta, proporcionar emprego a 6 persoas, dispoñían de aseos públicos accesibles. O que pon de manifesto que estos equipamentos desenvolvían de unha labor social importante de integración e accesibilidade e un servizo valorado pola cidadanía como eran os asesos publicos accesibles e gratuitos.
No ano 1014 esta empresa presenta concurso de acreedores tras meses de acumulación de perdas e impagos de nóminas o que se traduce nun ERE aprobado mediante proceso xudicial sustentado en en causas de carácter económico. Desta forma os Kioscos de Lugo deixan de funcionar ainda que os equipamentos nos que se albergaba a súa actividade seguen a ocupar parte da vía pública.
Desde entón e ante a falta desta dotación foron diferentes as manifestacións, tanto por parte da cidadanía como por parte dos diferentes grupos municipais que instaban ao concello a promover a posta en funcionamento novamente destes kioscos.
Así o pasado mes de febreiro, o goberno socialista de Lugo declaraba nunha Comisión plenaria (Especial de Contas) a intención de “abrilos novamente”, e sinalaba que para poder facelo era preciso elaborar un prego de contratación para saca a concurso público a súa xestión.
10 meses despois de declarar esa intención comprobamos que non se teñen dado nin tan sequera os primeiros pasos para a elaboración do prego de concurso, xa que este expediente debe ser tramitado dende o servizo de Medio Ambiente e nesta dependencia nada saben do tema, nin recibiron orden de acción ou xestións a desenvolver en relación a esta reactivación.
E dicir, estamos de novo ante esa gran pedra que lastra ao concello e afecta a toda a cidadanía, que é a desidia e a parálise dun desgoberno que provoca a perda de oportunidades e desenvolvemento.
Consideramos que o goberno tivo tempo suficiente para reactivar o servizo destes kioscos, sabe da demanda da cidadanía e da importancia destas dotacións como aseos públicos e puntos de venta que tiñan unha finalidade social fundamental na creación e promoción de emprego aínda que so sexa pas 6 persoas….

Tendo isto en conta o GMPP trae a este pleno a seguinte proposta de acordo:

– Instar ao concello de Lugo a trasladar o expediente de reapertura dos Kioscos ao servizo de Medio Ambiente para dar comezo ás accións oportunas que permitan sacar a concurso público a súa xestión.

– Convocar na maior brevidade o procedemento de adxudicación para a posta en funcionamento dos centros

– Valorar a posibilidade de instalar algún kiosco mais nas zonas norte e sur da cidade

– Promover o desenvolvemento de accións informativas de carácter social e turístico mediante a dispoñibilidade de mapas da cidade e dípticos informativos sobre servizos, entidades, monumentos e actividades de interese.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies