Os populares consideran que o grao de ‘guía, información e asistencias turísticas’ contribuirá a “posicionar a cidade de Lugo como destino dun turismo de calidade” e, nese senso, defendeu “a profesionalización dos mozos e mozas que queiran dedicarse a este sector para proporcionar unha atención e emprego de calidade. O voceiro popular explicou que tanto a Consellería de Educación como o Instituto San Xillao validaron esta idea e anunciou que o grupo municipal do PP seguirá pelexando para conseguir novos ciclos como por exemplo, o de xestión de empresas hoteleras de FP ou ben un grao universitario de gastronomía e culinario.