Seguridade

O PP consensúa cos hostaleiros afectados polos botellóns na zona de viños do casco histórico medidas para frenalos

By 15 Xullo, 2021Sin comentarios

O Grupo Popular  súmanse á preocupación dos negocios que hai no casco histórico de Lugo logo dos altercados e das concentracións de persoas celebrando botellóns que se repiten nas últimas semanas reclamando “a Méndez e Arroxo que  tomen as decisións que están na súa man para garantir a seguridade e para salvagardar a imaxe de Lugo”.

O voceiro do PP explicó que é preciso poñer en práctica un Plan Antibotellón Municipal para dar unha solución inmediata a problemática que se está a vivir. Ramón Carballo avanzaba estas propostas nun momento onde o centro de Lugo vive unha colección de altercados “o que está xerando unha sensación de inseguridade entre a poboación en xeral”.

PROPOSTAS PLAN ANTIBOTELLÓN CASCO HISTÓRICO

A primeira medida é conseguir unha coordinación exquisita das forzas e corpos de seguridade de diferentes administración e, por iso, solicitamos hai unha semana que se reúna a xunta local de seguridade. De momento a alcaldesa non respondeu a esta petición que o único que supón é facer un mínimo oco na súa axenda “mágoa que postpoña a seguridade polas fotos de actos propagandisticos”.

A segunda medida pasaría pola instalación de cámaras de videovixilancia na zona centro de Lugo así como noutros puntos onde se estime oportuno co ánimo de “maximizar a prevención, mellorar a seguridade das persoas e minimizar as consecuencias das agresións ao patrimonio”.

O popular cre que, cun sistema de videovixilancia, se proporcionaría máis seguridade ao entorno do recinto amurallado e isto beneficiaría ao pequeño comercio que, nestes tempos, está asfixiado pola situación sanitaria que vivimos matizando que “para o comercio local a confianza é o factor fundamental da súa existencia e para iso é necesario un entorno seguro”.

Carballo puntualizaba que as novas tecnoloxías son unha ferramenta moi importante para garantir a seguridade nunca dobre vertente, por un lado na vertente disuasoria e, por outro, como axuda para poder esclarecer a posteri aqueles delitos que se cometan e que sin a presenza de cámaras quedarían impunes dado que non se podería acreditar a súa autoría.

A terceira medida é unha vella demanda do Partido Popular e trátase de redactar unha normativa que regule, entre outras cuestións, o botellón. A ordenanza de convivencia debe ser un documento “razonable e consensuado cos grupos políticos e coa sociedade” remarcou Carballo. “O que non é de recibo é que a alcaldesa, que respaldou impulsar este documento, agora, esté atada ao ultimátum que lle deu o BNG baixo a ameaza de non apoiala políticamente. “Vende a seguridade dos cidadáns e o seu benestar por un puñado de votos”, lamentou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies