Infraestruturas

O PP consensúa cos veciños de Marqués de Ombreiro tres opcións para solucionar a desfeita do carril bici

By 2 Xullo, 2021Sin comentarios
Marqués Ombreiro

O Partido Popular presentou tres posibles alternativas coas que minimizar os problemas que vai provocar o carril bici que acondicionou o bigoberno en Marqués de Ombreiro. “Son opcións que acabarían co malestar de veciños e de negocios da rúa onde xa se marcou a senda ciclista con quiebros, supresión de aparcamentos e enlaces absurdos”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide enumeraba as tres alternativas que poderían mellorar o actual trazado imposto dende á alcaldía sen contar coa opinión da veciñanza:

  1. A primeira proposta é acondicionar unha nova ruta alternativa por rúa Pousadela “estamos falando dunha senda para bicis máis directa, curta, segura e que discurre por un camiño tradicional que comunica a Ronda do Carme co barrio da Cheda para confluir na rotonda de Carrefour dando acceso directo ao entorno do Parque do Miño e ao Paseo de Ombreiro”.
  2. A segunda proposta é acondicionar un aparcadoiro disuasorio nunha das fincas que hai na zona co obxectivo de habilitar un espazo para dar unha alternativa de aparcamento as máis de 100 prazas que a alcaldesa suprime na zona. Pódese adquirir esta finca mediante compra ou ben negociar un convenio de uso cos propietarios “mentres non se use o solar o concello asume os gastos de mantemento e exime de impostos ao propietario”
  3. E como terceira proposta, dende o PP, suxiren a convivencia entre carril bici e carril de circulación de coches cun modelo similar ao da Ronda da Muralla e Ramón Ferreiro.

Dende o PP lamentan que a alcaldesa e o vicealcalde non falasen antes de facer este carril bici cos veciños xa que “para localizar  os defectos tanto do trazado como da situación do carril bici non fai falta ser técnico senón tan só ter unha pizca de sentido común e coñecer o barrio”. “A ninguén se lle ocurre facer un carril bici con quiebros ou poñelo na zona onde máis aparcamentos elimina perxudicando aos negocios da zona”.

O PP agradece á alcaldesa que “trala presión vecinal e as denuncias do seu Grupo decidise rectificar e valorar outras alternativas para o carril bici de Marqués de Ombreiro”. Ameijide acusou de incoherentes a PSOE e BNG xa que “hai uns días Méndez e Arroxo votaron en contra de suspender a implantación do carril bici cando agora vense obrigados a dar marcha atrás”.

Dende o Grupo Popular lamentan “a posición de forza coa que o bigoberno está implantando o carril bici tanto nesta rúa como no barrio da residencia e Ronda do Carme”. “Se os veciños se opoñen é porque non se conta con eles para deseñar a cidade e se lles impón un trágala”. Os concelleiros populares insistiron en pedirlle a Lara Méndez e ao seu vicealcalde “máis humildade e empatía coa veciñanza: aquí non vale impoñer unha alternativa, aquí o que hai é que escoitar de forma activa e coñecer como funciona o barrio”.

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies