EconomíaTransparencia

O PP considera indecente que a alcaldesa de Lugo se suba 1.340 € o soldo en plena pandemia

By 15 Decembro, 2020No Comments

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide desvelou que socialistas e nacionalistas aprobaron, na xunta de goberno, unha suba dun 2% dos seus salarios o que suporá que “os lucenses pagaremos por manter o bigoberno 10.223 € máis que o ano, pasando o custo do goberno de Lugo máis caro da historia de  511.157 € aos 521.380,22 €, eso sen contar aos asesores”

O Partido Popular acusa de “indecente e indignante” a decisión que acaba de adoptar o bigoberno de Lugo de subirse o soldo un 2% cando “a práctica totalidade dos cargos públicos de España conxelaron os seus soldos en solidariedade con todas as familias e sectores económicos que, por mor da pandemia, están pasando grandes dificultades”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que o acordo se adoptou na xunta de goberno do pasado día nove de decembro o que suporá que os lucenses pagaremos 10.223 € anuais a maiores do que xa vimos abonando para manter ao goberno máis caro da historia de Lugo.

O soldo da alcaldesa aumenta 100 € ao mes pasando dos 4.787,22€ aos 4882,96 € (x 14 pagas supón  68.361 € anuais) e, en canto aos dez  concelleiros con dedicación o seu salario pasará dos 3.172,40 a 3.235,85 € …(x 14 pagas suma 45.301,87).

Ameijide alerta de que segundo o acordo esta decisión tería un carácter retroactivo ainda que agarda que “sexa un error xa que no documento aprobado se indica que a suba sería dende xaneiro de 2020” polo que pide que se aclare se é unha equivocación.

Para os populares “é inmoral” que o bigoberno do PSOE e BNG nestes tempos de pandemia “só lles preocupe encher o seu peto, incrementando o gasto público”. Para Ameijide con actitudes como estas demostran que “non están á altura do cargo que representan xa que se tivesen un mínimo de sentido común e algo de decencia nin se plantexarían esta suba cando ao seu carón teñen moitos lucenses que o están pasando realmente mal”, sentenciou Ameijide.

“Agora entendemos porque falan de presupostos expansivos, expansivos para os seus petos” concluíu.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies