Sen categoríaTráfico

O PP considera “inexcusable” o retraso de 3 meses para cesión dos terreos da rotonda de Alfonso X

By 3 Xaneiro, 2017Xaneiro 5th, 2017No Comments

O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, lembrou que o Ministerio de Fomento pediu o pasado mes de outubro “a posta a disposición dos metros necesarios para realizar esta infraestructura, tan necesaria, por ser un dos puntos con maior siniestrabilidade do tráfico

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, criticou “a lentitude na tramitación da cesión dos terreos necesarios para a construción dunha rotonda na  intersección entre a N-VI e a Afonso X”. Dende o Partido Popular consideran “incompresible e inexcusable” que o goberno local leve, de momento, tres meses coa petición del Ministerio de Fomento sen resolver sobre todo cando se está falando de solucionar “un dos puntos máis conflitivos  de todo o Concello”.

O popular explicou que tanto o informe de Medio Ambiente como o informe de enxeñería están xa preparados polo que pregunta aos socialistas “cales son os motivos polos que o goberno local segue dilatando a cesión destes terreos”. Ameijide reclamou que se den pasos en firme e de forma urxente suxerindo que “ou ben se acorde na Xunta de Goberno de mañá, ou ben no pleno deste mes a posta a disposición dos metros do parque do Miño que reclama o goberno central para facer esta rotonda”.

“Hai que ter en conta que estamos diante dunha intervención da que se leva falando moitos anos e dunha petición cuxas necesidades tanto de dimensións como de ubicación son amplamente coñecidas”, apunta o popular, ao tempo que subliña que “non podemos perder de vista que é un escrito que o Ministerio remitiu hai máis de tres meses, polo que o Concello tivo tempo de sobra para ter reaccionado”, polo que urxe aos socalistas a “non perder tempo nunha actuación urxente, con evidentes repercusións na seguridade e na comodidade do tráfico”.

Primeiro paso dunha actuación “máis completa”.-

A conversión en rotonda do cruce entre Afonso X e a Nacional VI “é un primeiro paso importantísimo dunha acción máis completa” que incluirá a ampliación nun carril da estrada en dirección Madrid entre a ponte branca e a nova rotonda; e un vial de conexión coa rúa Santiago. Estas actuacións non afectarán ao parque Marcos Cela xa que se respetan os acordos plenarios, de abril de 2011, maio de 2010 e xuño de 2009, que foron impulsados polo Grupo Municipal do PP para blindar a zona verde.

Por último, o popular lembra que o goberno central remitira ao Concello de Lugo os planos relativos á actuación a mediados de xullo de 2015, momento dende o que “os socialistas nin sequera foron quen de sentarse a avaliar a proposta con algún interlocutor do goberno”. “En definitiva, o que pedimos é que o goberno municipal deixe de bloquear e de boicotear esta obra”, conclúe.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies