InfraestruturasOutros

O PP considera “insuficiente” o investimento feito nos últimos anos polo bipartito para garantir un bo servizo de abastecemento de auga

By 22 Agosto, 2023Sin comentarios

O Partido Popular desvela que “no mes de novembro caduca o contrato coa empresa á que o goberno bipartito lle adxudicou, en outubro de 2020, a reparación das incidencias que se detecten nas canalizacións de distribución da auga potable polas noites , en fins de semana e festivos”

Os populares preguntan a PSOE e BNG se van dar continuidade a este modelo “que se presentou como provisional” e temen que “unha medida improvisada, que se xustificou para un breve espazo de tempo, poida converterse en permanente”

A advertencia dos populares invita a reflexionar sobre como ten previsto, o bipartito de Lugo, encamiñar esta prestación “descoñecemos se a súa intención é cubrir vacantes como pedimos recuperando a brigada municipal ou se van a sacar un novo contrato cunhas condicións que se adapten á realidade de Lugo”

PROPOSTA

A proposta do PP é reforzar co persoal necesario a brigada municipal de auga “por un lado sería máis económico que externalizar o servizo e, por outro lado, garantiría unha maior eficacia nas reparacións das fugas xa que na práctica, hoxe por hoxe, ainda que haxa o servizo de 24 horas unha alta porcentaxe das incidencias as acaba solucionando a brigada municipal

Os populares lamentan que a veciñanza teña que sufrir as consecuencias das malas decisións de socialistas e nacionalistas xa que os retrasos na maior parte das reparacións son por falta de medios (a empresa carece da maquinaria e dos recambios que se precisan) así como polas dificultades á hora de localizar as fugas

MALAS DECISIÓNS QUE CUSTAN DISGUSTOS AOS LUCENSES

“Esta situación é froito do desmantelamento paulatino dun servizo municipal que funcionaba e daba unha prestación óptima á veciñanza”

“Resulta paradóxico o discurso do progresismo do bipartito cando en Lugo se dedica a privatizar de forma inxustificada” engadindo que “Méndez e Arroxo prefiren esta fórmula para asacar adiante os traballos extraordinarios antes que reorganizar o servizo municipal e pagar horas extra a actual plantilla”

INVESTIMENTO RENOVACIÓN TUBAXES

Os populares tamén aproveitaron para pedir que o bipartito dé exemplo e que “ao igual que nos pide á cidadanía un esforzo para aforrar auga neste momento de sequía debería facer un investimento ambicioso nas tubaxes para mellorar o servizo e rebaixar as incidencias de fugas de auga”

“O millón de euros do que presumiu a alcaldesa que gastou en oito anos para renovación das canalizacións de auga potable resulta unha cifra moi humilde se temos en conta que para o grupo da Paz destina 600.000 € os restantes 400.000 € teríamos que dividilos en 8 anualidades”

Dende o PP lembran como o subministro de auga potable é un servizo de competencia exclusiva dos concellos, que deben prestar obrigatoriamente nos domicilios situados en zonas urbanizadas a todos os inmoebles construidos legalmente

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies