Urbanismo

O PP considera unha falta de respeto que a alcaldesa de Lugo rexeite reunirse con eles para informarlles do futuro do PXOM

By 1 Decembro, 2021No Comments

Ramón Carballo recriminou que Lara Méndez “tardase máis dun mes en contestarnos emprazándonos agora a pedir cita co coordinador de urbanismo” asegurando que “esta resposta é outra proba máis de que dende que marchou Couto de urbanismo son incapaces de organizar o servizo”

O PP non entende os motivos polos que a alcaldesa de Lugo se nega a recibirnos para informar sobre a situación de temas urbanísticos tan importantes, e nos que contou co voto favorable do PP, como é o futuro do Plan Xeral.

Deste xeito o voceiro popular valoraba a resposta de Lara Méndez á solicitude rexistrada o pasado 27 de outubro “tardou máis dun mes en contestarnos” criticando a falta de respeto co principal grupo da oposición “non só nos veta e rexeita reunirse con nós, tampouco delega no responsable político de urbanismo e o único que fai é suxerirnos que solicitemos unha reunión co supercoordinador de urbanismo, o señor interventor. Para eso iso non nos fai falla o seu permiso, non obstante a pediremos por escrito”.

Para Ramón Carballo este desplante da alcaldesa o único que revela é que dende que marchou Miguel Couto non consiguen organizar o departamento de urbanismo e “esconde a súa falta de dirección política  detrás dos funcionarios”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies