InfraestruturasPersoal

O PP considera unha provocación que Alvarellos ocupe con persoal do PSOE un espazo que solicitou para mellorar as condicións de traballo da súa agrupación

By 2 Maio, 2024Sin comentarios

XOVES 2 DE MAIO 2024

  • O vicevoceiro popular Enrique Rozas considera “decepcionante” ver como o PSOE ignora as necesidades básicas do Grupo Popular incluso despois de que se presentase unha solicitude formal para mellorar as condicións de traballo

 

  • Os populares lembran que hai un informe do servizo de riscos laborais no que, tras inspeccionar as dependencias asignadas para os 3 traballadores e os 12 edis do PP, se indica que “se obtiveron valores fóra do rango establecido legalmente pola superficie libre por traballador”

 

  • É unha falta de respeto que despois de solicitar formalmente, o pasado 5 de abril o local contigüo da Casa do Concello onde antes estaban as oficinas do Edusi para gañar espazo, a resposta do goberno local sexa asignar este local para os seus.

 

  • O popular tamén lembra como tampouco contestaron á petición feita o 8 de setembro solicitando material básico de oficina para a agrupación local.

 

  • Para Rozas é unha hipocresía política que o PSOE participe en manifestacións e se coloque tralas pancartas pedindo trato digno aos traballadores cando, en cuestións da súa competencia, permiten que traballadores estean en locais mal climatizados, coa pintura caendo das paredes e con espazos mínimos para desenvolver o seu traballo diario”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies