Transporte urbano

O PP constata que o 60% dos paneis informativos do buses urbanos non funciona

By 12 Setembro, 2022Sin comentarios

No PP realizaron durante todo o verán unha revisión constante destas pantallas informativas e durante esta semanas comprobou como das pantallas que hai na cidade so 8 funcionaban correctamente, 6 o facían de xeito intermitente e 7 nunca chegaron a estar operativas

Hai máis dun ano que se puxeron en marcha as novas liñas de bus urbano e o sistema non funcionou, ao contrario os buses seguen perdendo viaxeiros porque as novas liñas non se adaptan ás necesidades dos lucenses, tal e como os veciños deixaron claro nas numerosas peticións de cambio das liñas realizadas e en que os paneis informativos “que ían revolucionar o transporte público” funcionan de xeito intermitente.

Explica o concelleiro Óscar Poy que despois de realizarse unha revisión destes paneis durante as últimas semanas comprobouse como “algunhas pantallas non funcionan, outras presentan a mensaxe ‘sen datos’ e outras unha mensaxe de error do sistema”.

O número de paneis informativos distribuídos pola cidade é de 21 e na revisión realizada por Óscar Poy certificouse que durante todo o verán houbo:

  • 8 pantallas que sempre funcionaron
  • 6 pantallas que funcionan de xeito intermitente
  • 7 pantallas que nunca funcionaron

“Puiden comprobar como o 60% das pantallas dá erro ou non funciona e todo a pesar de que o concelleiro responsable do transporte urbano, Rubén Arroxo, afirmou na última comisión que o 100% das  pantallas funcionaba correctamente e que, en caso de avaría, solucionábase nunha hora desde que se tiña constancia da mesma”, explicou o popular, que continuou dicindo que “trala revisión realizada durante as últimas semanas podemos confirmar que ambas afirmacións son falsas”.

O concelleiro popular critica tamén a imposibilidade que teñen os lucenses para saber onde se atopan os buses en cada momento, xa que falla a opción de consultar canto tarda en pasar un bus por unha parada determinada, seguimos sen ter unha APP e tampouco se pode consultar en Google Maps (como si que se pode consultar noutras moitas cidades), sen esquecer que a web urbanosdelugo.com non informa de todas as liñas.

Por iso, Óscar Poy aproveita para recordar a Rubén Arroxo “a diferenza entre o que prometía dende a oposición e o que ofrece aos lucenses desde que forma parte do goberno local”. Óscar Poy pon sobre a mesa a proba piloto que realizara o nacionalista en febreiro de 2019, trala cal Rubén Arroxo afirmou “se desde o BNG, con 12 teléfonos móbiles somos capaces de crear un sistema de control, á alcaldesa tería que caerlle a cara de vergoña cando di que non se pode implantar un sistema similar na cidade”por dificultades técnicas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies