Urbanismo

O PP cre que Méndez entrou nun bucle de anuncios electorais de temas que tiñan que estar en marcha hai anos

By 20 Setembro, 2022No Comments

Ameijide replica á alcaldesa que “a ordenanza de urbanismo que di estar ultimando tiña que estar operativa hai un ano, segundo o prazo dado pola propia Lara Méndez” e pídelle “acougo para frear a espiral na que se está metendo como consecuencia do seu nerviosismo”

O Partido Popular lamenta que “ás présas da alcaldesa por xustificar o seu soldo no Concello de Lugo antes de que se celebren as eleccións” e pídelle acougo para frear a espiral de anuncios de “cuestións que xa tiñan que estar resoltas hai anos”.

O vicevoceiro do PP recriminou o intento do PSOE de “tomar por tonta á veciñanza de Lugo”. Así interpreta o Grupo Popular o anuncio “da ordenanza de urbanismo, unha normativa que debía estar operativa segundo os propios prazos que deu á alcaldesa nunha comparecencia pública celebrada en maio de 2021. “Lara Méndez comprometeuse a ter este documento a finais do ano 2021 polo que, a estas alturas e despois de anos de bloqueo de licenzas, cunha media de resolución de 300 días do primeiro informe, non é de recibo que presuma de que se vai a reducir a burocracia”.

Os populares comprenden o nerviosismo da alcaldesa manifestando que “na cidadanía hai cansazo e cero credibilidade con que este bigoberno sexa capaz de impulsar un cambio neste departamento”.

Dende o PP lembran como neste mandato de catro anos se designou un coordinador de área e pasaron ata 3 concelleiros de urbanismo, un deles marchou como consecuencia dunha vendetta política; tamén lembran  o escándalo da anulación do nomeamento do Xefe do Servizo de Arquitectura que recorreu e a xustiza fallou contra o Concello.

Con semellante panorama “é comprensible o nerviosismo da alcaldesa xa que a situación na resolución das licenzas en Lugo é cada vez máis rocambolesca, provocando unha perda de oportunidades e emprego xa que son poucos os que se atreven a investir no noso municipio”.

O Grupo Popular lembra como en materia de urbanismo fixo numerosas propostas útiles para mellorar o funcionamento deste departamento e entre as últimas citar:

  1. Resolver en 30 días calquera proxecto que veña acompañado dunha certificación de conformidade á legalidade urbanística e ao planeamento aplicable, emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal.
  2. Tamén propuxemos que nas consultas realizadas en urbanismo para pedir licenzas de obra se dea a resposta por escrito co ánimo de evitar problemas por interpretacións distintas dos técnicos e xerar inseguridade ao cidadán que queira facer unha obra en Lugo.
  3. Así mesmo o Grupo Popular solicitou crear un foro permanente de traballo en materia urbanística para buscar saídas en consenso a cuestións relativas ao impulso da rehabilitación de vivendas, bases de actuación para zonas sensibles da cidade, unificar criterios para a selección do mobiliario urbano…”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies