Cultura

O PP cre que Méndez “nos da largas para que non entremos no auditorio de Magoi” para ocultar novos desperfectos no seu interior

By 13 Decembro, 2021Sin comentarios

Ramón Carballo explica que das dúas peticións que fixo o Grupo Popular para acceder a esta instalación tan só se nos contestou á última, hai 22 días, e nela a concelleira de gobernanza indicaba que “os funcionarios que se encargan desta tarefa tiñan a axenda comprometida e que solventadas as cuestións organizativas se nos indicaría día e hora, e aquí seguimos esperando”

O Grupo Popular afirma que o goberno local “segue dándonos largas para impedir que entremos no novo auditorio de Magoi”. O voceiro popular lembra que estamos a punto de cumprir un ano e medio dende que a alcaldesa recibiu as chaves do edificio e que “lonxe de ver avances que fagan pensar na súa apertura semella que están deixando que se deteriore pola falta de uso e de mantemento”.

Os populares lembran que das dúas peticións que fixeron para acceder ao interior do Auditorio de Magoi (setembro e novembro) tan só nos responderon á última cun escrito no que alegaban que “os funcionarios encargados de tales tarefas teñen a súa axenda comprometida e que unha vez se solventaran ditas cuestións organizativas se nos indicaría o día e hora para facer a visita a esta instalación”. Ramón Carballo reflexiona “é unha escusa inverosímil” engadindo que “pasaron xa 22 días dende que nos enviaron esta resposta e de momento non nos deron autorización para entrar nesta instalación”. “Todo apunta a que queren gañar tempo para tapar a súa falta de xestión y de interese por abrir esta infraestructura”, engadiu.

O Partido Popular comparte cos veciños do barrio de Magoi a súa preocupación polo estado do novo auditorio e volve preguntar ao goberno local “se deron parte á compañía de seguros desta rotura que o Grupo Popular denunciou o pasado 29 de setembro”. “De momento a resposta oficial dada en comisión é que a rotura debeuse a un fallo estructural por un cambio de presión” pero independentemente dos motivos “non é de recibo que logo de tres meses estea sen cambiar este panel de cristal”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies