Cultura

O PP critica a ceremonia de confusión entre PSOE e BNG a conta das festas do San Froilán

By 23 Setembro, 2020No Comments

A concelleira popular Beatriz Vázquez afirma que mentres a alcaldesa asegura que Lugo terá festas o BNG contradícea indicando que “será unicamente unha feira cultural”

O PP di que a Comisión de Festas que se vén de celebrar certifica que hai dous gobernos diferentes e pide que se comuniquen entre eles para non andar a bandazos e confundir aos lucenses.

Vázquez di que “era visto que moitas das previsións que tiñan caeran en saco roto, tal e como advertiu o PP” aludindo ao caso do alumeado “que como xa dixemos era imposible de executar xa que se licitou o 14 de setembro e que hoxe tiveron que retirar”.

Os populares aseguran que as últimas novas sobre a organización do San Froilán son “desconcertantes” xa que “reducen o programa a concertos e pouco máis” calificando de “pobre o contido da Feira cultural que programa para outubro o BNG”.

Beatriz Vázquez, por exemplo, bota de menos que se elimine o día do Camiño Primitivo xa que é “un momento idóneo para divulgar a importancia deste patrimonio mundial que temos” e critica que non se contase coa Asociación de Amigos do Camiño.

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies