TráficoUrbanismo

O PP critica a lentitude do bigoberno á hora de iniciar o repintado da sinalización horizontal de Lugo

By 11 Xaneiro, 2020Xaneiro 13th, 2020No Comments

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez explica que dende o bigoberno o único que fan é empregar calquer tipo de escusa para ocultar a falta de planificación á hora de executar algo tan necesario como a renovación de todas as marcas viarias da cidade

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, lamenta a pouca previsión do bigoberno local á hora de afrontar o repintado da sinalización horizontal de Lugo.

Rafael Pérez explica que o bigoberno está a demorar esta necesaria renovación das marcas viarias da cidade escusándose en que chegaron máis ofertas das agardadas. “É curioso que agora o repintado se demore no tempo porque teñen que estudar máis documentación da agardada, algo que xa xera certas dúbidas”, sinalou.

O concelleiro popular recorda que os lucenses levamos máis de catro anos agardando por un plan de repintado integral da cidade xa que “é imprescindible” e é algo que dende o Grupo Municipal Popular levamos anos solicitando.

Neste senso, o popular urxe a iniciar no menor tempo posible o repintado de toda a cidade xa que a “mala visibilidade e a sinalización deficiente foi unha conta pendente dos socialistas” que semella que agora perpetúan dende o BNG. “Lamentablemente todos os barrios teñen exemplos de pasos de peóns borrados e incluso hai zonas nas que a pintura está tan gastada que nin se aprecia”, sinalou.

Ademais, Rafael Pérez aproveita a ocasión para instar ao bigoberno a que cando inicien este plan de repintado da sinalización horizontal da cidade se teña en conta a proposta reiterada en numerosas ocasións dende o Grupo Municipal Popular “e que defendemos na pasada campaña das municipais” como son as liñas avanza moto, que permiten a estes vehículos posicionarse nun punto de partida na regulación semafórica o que lles garante o inicio da marcha sen interferir co resto de automóbiles, unha medida moi interesante a contemplar nas zonas con maior densidade de tráfico, como poden ser a Avenida da Coruña, a rúa Vilalba ou Miguel de Cervantes, entre outras.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies