Cultura

O PP critica a “nula transparencia” de Maite Ferreiro no deseño da imaxe do Gastroarte 2022

By 1 Outubro, 2022Outubro 3rd, 2022No Comments

Beatriz Vázquez teme que, unha vez máis, dende a área de Cultura se dera este contrato menor a dedo a afíns do BNG xa que so dan un prazo de 11 horas entre o remate do prazo para presentar ofertas e a entrega do material, coincidindo ademais a data de apertura de ofertas en día inhábil na administración

O goberno local de Lugo volve a vetar aos empresarios e autónomos de Lugo nas licitacións públicas que se realizan desde o consistorio, sendo o último exemplo o deseño gráfico da imaxe, a maquetación, a impresión, a instalación e posterior retirada, do material que anuncia a Feira de Gastroarte 2022.

Beatriz Vázquez fai esta denuncia despois de estudar os pregos de licitación deste contrato, que saíu por un importe de 3.500€. O prazo para presentar ofertas rematou onte (día 30 de setembro ás 23:59 horas) e os pregos recollen que o prazo límite de entrega de todo o material é hoxe (1 de outubro) ás 11:00 horas. “Calquera sabe que con ese prazo de entrega de só once horas non hai ningunha empresa capaz de recibir a notificación do encargo, deseñar o material, entregalo e instalalo, iso sen contar que non se van a abrir as ofertas en sábado, día inhábil para a administración”, denunciou.

O material que deberían de realizar as empresas interesadas é o seguinte:

  • Deseño gráfico da imaxe da feira
  • Oito rótulos coa imaxe gráfica e os nomes dos postos participantes na feira para adornar os oito paneis laterais das catro casetas de inicio e final. As medidas de cada panel son: 243 cm. Alto X 95,5 cm. Ancho. Estes paneis van colocados en paralelo, polo que logo poden percibirse como unha única imaxe
  • Dezaoito rótulos con voladizo de dobre cara para identificar cada stand co nome de cada artesán ou produtor

A concelleira popular lamenta a falta de transparencia da que unha vez máis fai gala o goberno local, neste caso a responsable de Cultura, Maite Ferreiro; “ao non dar as mesmas oportunidades a todas as empresas e autónomos interesadas en optar ao deseño da imaxe do Gastroarte, dando unha vez máis un contrato menor para afíns ao BNG”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies