DeportesTurismo

O PP critica a oportunidade perdida para a difusión da marca Lugo e o escaso rendemento dos 15.000€ pagados por ser saída dunha etapa da Volta 

By 6 Novembro, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy explica que pese a que a cidade foi lugar de saída da décimo cuarta etapa da Volta ciclista a España, algo para o que o Concello de Lugo tivo que realizar unha achega económica, non se viu practicamente ningunha imaxe de Lugo ou dos ciclistas circulando pola cidade ou ao carón da Muralla, un ben patrimonio da humanidade

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, critica “os paos de cego” que segue a dar o goberno local en materia de turismo, despois de coñecer que o Concello de Lugo gastou 15.000€ para que Lugo fose saída da décimo cuarta etapa da Volta ciclista a España pero non se obtivese “unha difusión axeitada” á inversión realizada.

Óscar Poy explica que pese a que a repercusión económica na cidade foi boa, a imaxe de Lugo non tivo difusión algunha xa que “non apareceu ningunha da cidade nin dos ciclistas circulando xunto a Muralla, un Patrimonio da Humanidade”.

Neste senso, incide o concelleiro popular en que o goberno local segue a deixar pasar grandes oportunidades para a promoción turística de Lugo xa que se desaproveito de forma clamorosa o feito de que a Volta é unha das tres grandes e ten unha repercusión mundial.

Unha situación que segue a repetirse, xa que a difusión do patrimonio cultural do Concello “é nula”, xa que nin se promocionan os museos e hai uns días vimos como o goberno local devolveu unha subvención de 43.000€ para a promoción da Muralla por non querer investir 37.000€. “O goberno local segue a tropezar nas mesmas pedras e non aprenden dos erros, semella que cada vez imos a peor e rexeitan a promoción da cidade para centrarse na súa promoción propia”, explicou.

Para o concelleiro popular a situación foi tan esperpéntica que Lara Méndez declinou participar nos actos previos á saída da etapa, como a corta de cinta protocolaria, polo que optou por enviar no seu lugar ao concelleiro de Deportes, que foi o que finalmente se fixo a foto na saída.

Ante esta situación, Óscar Poy afirma que se presentará unha iniciativa para coñecer máis detalles sobre o protocolo de colaboración asinado entre o Concello de Lugo e a organización da Volta ciclista a España e así obter máis datos sobre a actuación do goberno local.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies