A concelleira do Grupo Municipal do PP Carmen López explica que o seu grupo remitirá ao bigoberno as medidas xa propostas con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, xa que o goberno local evitou poñelas en marcha ao metelas nun caixón ao proceder do Partido Popular
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, explica que as propostas que realizará o seu grupo de cara ao vindeiro 8M, Día Internacional da Muller, serán as mesmas que xa se con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, xa que esas medidas caeron nun caixón para do bigoberno “polo que reiteramos esas propostas” xa que se trata de medidas que son necesarias.
Macamen López sinala que a primeira medida que tería que acometer o goberno local sería a ampliación do horario da Casa da Muller xa que na actualidade so atende en horario de oficina (08:00 a 15:00 horas de luns a venres). “Por desgraza temos que seguir lamentando novas vítimas de violencia de xénero, polo que as mulleres precisan axuda 24 horas os 365 días do ano, polo que é preciso aumentar o horario da Casa da Muller”, sinala.
A concelleira popular tamén recorda as medidas xa explicadas con motivo do 25N, entre as que se atopaban a organización dunha actividade interxeracional que teña por obxecto a prevención da violencia de xénero, xa que “temos que ter en conta que a loita contra esta lacra é unha responsabilidade de toda a sociedade”, polo que é moi importante “sensibilizar e implicar” a todas as persoas, con independencia da súa idade, en que o principio de igualdade debe prevalecer sobre os comportamentos machistas para “desbotar os estereotipos de xénero” e poñer en valor o traballo das mulleres así como o seu empoderamento.
Estas actividades consistirían en talleres de prevención de violencia de xénero, que se poderían celebrar nos centros sociais municipais, no centro de día Antonio Gandoy e na escola infantil Serra de Outes, abrindo estes espazos á sociedade no seu conxunto.
Ademais destas medidas, a concelleira do Grupo Municipal Popular quere impulsar actuacións como que o 8 de marzo os empregados públicos poidan ver na pantalla dos seus equipos informáticos unha mención específica ao ‘Día Internacional da Muller’, algo que tería que ir da man de que o Concello de Lugo impulse un grupo de traballo sobre a violencia sexual dentro do Observatorio Galego de Violencia de Xénero.
Macamen López sinala que o deixamento do bigoberno neste eido chega ata o punto de que es “escudan” nun imprevisto administrativo para manter a Lugo fóra da Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero, un imprevisto que “ían solucionar nun prazo breve de tempo” e que consiste en que a alcaldesa envíe unha carta á Fegamp solicitando a adhesión. Algo que se une a que Lugo tamén segue fóra do VioGén, pese a que en outubro do ano pasado o pleno aprobou por unanimidade a adhesión do Concello, a iniciativa do Partido Popular. “Se de verdade tiveran preocupación neste eido traballarían para poñer en marcha todas as iniciativas existentes para loitar contra esta lacra, en lugar de meter nun caixón aquelas que proveñen de grupos ou partidos que non son afíns as súas ideas”, sentenciou.