Sen categoría

O PP critica a Rubén Arroxo por empregar o comodín de “pasapalabra” e negarse a debater sobre a necesidade de modificar o carril bici

By 27 Abril, 2023No Comments

Ramón Carballo cualifica de “incoherente” a Rubén Arroxo por asegurar nos medios de comunicación que o carril bici é un problema e hoxe votar, da man de Lara Méndez, en contra de modificar o trazado desta infraestrutura que tantas queixas xerou entre a veciñanza

Ramón Carballo afirma que ao BNG “non lle serve poñerse de perfil” e sinala que Rubén Arroxo e os concelleiros do BNG “quedaron retratados polo medo que amosaron de afirmar que o carril bici é un problema sentados á dereita de Lara Méndez”.

 

REHABILITACIÓN DA MILAGROSA E BARRIO FEIJOO

O voceiro popular agarda que o apoio de PSOE e BNG “non quede nun acto cara a galería” dada a proximidade das eleccións e esixe traballo tras 8 anos de promesas incumpridas aos veciños da Milagrosa e do barrio Feijoo sobre a rehabilitación das vivendas.

Para os populares é imprescindible a apertura dun punto de información para que os veciños destes barrios poidan acudir a el para informarse de como acceder aos fondos europeos para realizar a rehabilitación das vivendas, así como charlas públicas para informar á veciñanza do camiño para acceder a estas axudas.

 

MINIMIZAR CONSECUENCIAS PEONALIZACIÓN CASCO HISTÓRICO

Os populares lamentan “o pechamento” de Lara Méndez a realizar un novo plan de tráfico para as obras de peonalización do casco histórico o que certifica que a rexedora “sempre impuxo estas obras” sen buscar consenso nin con veciños nin coa oposición “unicamente por tentar apoderarse dun área que corresponde ao BNG”.

É preciso un novo plan de tráfico para estas obras que comezarán a semana próxima xa que “tras 24 anos coa Rúa Nova como vía peonil é un perigo totalmente innecesario desviar o tráfico rodado por esta vía” algo que seguramente tamén afectará á facturación dos negocios desta rúa.

 

ADHESIÓN AO SISTEMA VIOGÉN

Ramón Carballo agarda que “esta vez si” o anuncio realizado de que Lugo iniciou os trámites para unirse a este programa para a protección de vítimas de violencia de xénero sexa unha realidade, xa que “levamos agardando porque sexa unha realidade dende o ano 2006”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies