Infraestruturas

O PP critica as escusas infantís do goberno de Lara Méndez para desculpar o bloqueo sistemático aos proxectos da Xunta en Lugo

By 16 Novembro, 2021Sin comentarios

Ramón Carballo recorda que non é a primeira vez que o goberno de Lara Méndez “perde nun caixón” un proxecto da Xunta para Lugo, algo que xa sucedeu no verán de 2018 co proxecto do Centro de Saúde da Residencia

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, pregunta ao goberno local que ocorre nas dependencias municipais para que se sigan a perder proxectos en caixóns, pese a que estes chegan incluso por vía telemática, polo que “non se entende que obras importantes doutras administracións se demoren sine die”, tendo como única explicación que se trata de “escusas infantís” para tentar desculpar “o bloqueo sistemático de Lara Méndez á Xunta”.

Ramón Carballo refírese “á perda do informe da intermodal” e afirma que non é unha casualidade xa que “non é a primeira vez que se perde nalgún caixón un proxecto importante da Xunta en Lugo”. O voceiro popular fai esta reflexión ao recordar como no verán de 2018 culpou á Xunta do atraso no envío da solicitude de obra para esta dotación, asegurando, primeiro, que non se anexara o proxecto de obra, para logo ter que recoñecer que a solicitude levaba máis dun mes no Concello pero que perderan o proxecto de obra, documento que de súpeto apareceu en dependencias municipais. “Non é a primeira vez que Lara Méndez tenta frear os proxectos da Xunta en Lugo, pero agardamos que sexa a última”, afirmou.

Á realidade, defenden os populares, é que tanto PSOE coma BNG poñen en marcha todo tipo de artimañas para frear as inversións do goberno galego na cidade, como pode ser a través da dilación na concesión de licencias, como sucedeu na Residencia e acontece na actualidade na Tinería, ou gardando os proxectos en caixóns.

Unha situación que tentan esconder, do mesmo xeito que tentan agochar a descoordinación existente entre as dúas ramas do goberno. Dente do goberno local afirman que non hai ningún problema de comunicación entre as áreas dirixidas polo PSOE e as do BNG, pero a realidade é ben distinta, xa que como apuntaron dende o gabinete da alcaldesa hai uns días “o rexistro (dependente do BNG) non funciona correctamente”. Unha total declaración de intencións para atacar “aos seus supostos socios de goberno”.

Unha problemática que para Ramón Carballo ten un trasfondo moi importante, xa que non entende como Lara Méndez pretende que toda a cidadanía crea que van a axilizar a concesión de licencias “mellorando a comunicación entre departamentos, se os propios socios de goberno son os primeiros que non se dirixen a palabra”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies