Economía

O PP critica as contradicións e a descoordinación dos socialistas na tramitación dos orzamentos para 2017

By 5 Xaneiro, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeira considera un desprezo que “a alcaldesa non tivera a deferencia de dirixirse ao grupo maioritario da corporación, malia que o pasado día 20 decembro o Grupo Popular fixo públicas unha batería de preto dun cento de propostas para incorporar aos orzamentos”

O Grupo Municipal do Partido Popular, diante do rifi rafe protagonizado pola alcaldesa e os grupos da oposición que lle facilitaron a alcaldía e tamén os orzamentos do ano pasado, esixiu que o goberno local  fixe un calendario con prazos concretos para coñecer cal é o estado real da tramitación dos orzamentos municipais, e para que se facilite o anteproxecto deste documento contable. “Coa forza maioritaria non falou, nin tan sequera se dirixiu a nós malia que o día 20 de decembro presentamos unha batería de máis dun cento de propostas para incorporar aos orzamentos” reflexionou Castiñeira.

Os populares consideran “un despropósito” que a alcaldesa propicie un conflicto antes de sentarse a negociar  reclamando que “por transparencia e por respeto aos lucenses hai que clarificar se se iniciaron ou non as negociacións”. “Os lucenses teñen dereito a saber si os socialistas van a negociar e buscar consensos cos grupos da oposición para sacar adiante os orzamentos para este 2017” salientou o popular.

Castiñeira recriminaba a descoordinación do goberno local “incapaz de unificar e de manter un mesmo criterio nun tema de tanta trascendencia como son os orzamentos municipais” en alusión ás declaracións contradictorias das últimas horas nas que, alcaldesa e voceiro socialista, ofreceron diferentes versións sobre como se está a tramitar o  documento.  Os populares afirman que “este episodio é outro máis da cascada de meteduras de pata dun goberno, que xa non é novato e o único que xenera é unha desconfianza dos veciños cara a administración local”.

O voceiro popular amosou a súa preocupación polo retraso na aprobación deste documento contable “xa que ao prorrogar os orzamentos se condena ao concello a prescindir de novos investimentos e tamén se deixa ao goberno preso e en mans do que diga Lugonovo e BNG”. Jaime Castiñeira matizou que “en véspera de Reis do 2017 deberíamos ter un avance dos ornamentos para 2017 para evitar retrasos nos investimentos”.

Os populares desconfían que o enfado destes dous grupos “sexa agora  de cara á galería  xa que dentro dunhas semanas servirán, de novo, de muletilla dos socialistas”.

Dende o Partido Popular reclaman “cintura política” á alcaldesa indicando que o seu grupo “ten claro o proxecto de cidade que queremos para Lugo” destacou Castiñeira.

Podedes consultar no seguinte enlace máis de medio cento das propostas do Grupo Municipal do Partido Popular. https://www.ppdelugo.com/o-pp-presenta-linas-mestras-para-os-orzamentos-de-2017-que-engloban-un-centenar-de-propostas/

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies