Tráfico

O PP critica a falta de avances na mellora de Duquesa de Lugo e da Fervedoira

By 14 Outubro, 2016No Comments

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide denuncia que “non se dera nin un só paso case un ano despois de acordar no pleno o desdobramento de Duquesa de Lugo, unha intervención pendente dos gobernos socialistas dende o século pasado”

O popular aféalles aos socialistas non ter dado cumprimento ao acordo plenario de decembro de 2015 para o desdobramento da rúa Duquesa de Lugo, “pendente dende que o PSOE chegou á alcaldía de Lugo o século pasado”, nos treitos comprendidos entre Paulo Fabio Máximo e a rotonda á altura da rúa Garaballa de Arriba así como entre o centro comercial e a rotonda de Benigno Rivera, xa no polígono do Ceao.

A ese respecto, os populares reclaman “á maior brevidade posible” a implementación dunha actuación “global” que abranga tanto o inicio dos estudos, tramitacións e proxectos precisos para levar a cabo o desdobramento dos treitos pendentes, así como para contemplar a instalación do alumeado público ao longo da avenida e dotala de beirarrúas nos centos de metros nos que non as hai”.

Así mesmo, Ameijide reprocha aos socialistas o incumprimento “dos compromisos que o novo goberno formulou publicamente”, en referencia a que nin se avanzou para crear un carril bici alí como anunciaran en marzo deste ano nin tampouco transformaron en rotonda a intersección que da acceso ao parking do centro comercial de As Termas(intervención aprobada na xunta de goberno do 31 de agosto e que tiña como prazo de execución dous meses.

A Fervedoira.-

No relativo á Fervedoira, o vicevoceiro popular reclama que “non quede tampouco no caixón a intervención que levamos anos reivindicando dende o Grupo Municipal do Partido Popular”, en alusión á corrección de “situacións de claro risco” que se están a xerar no treito da N-640, como é o caso das inmediacións das paradas de autobús, “ás que se chega sen que haxa beirarrúas que dean certidume aos usuarios e ás que non se pode atravesar dende o outro lado da estrada debido á inexistencia de pasos de peóns”. “Hai que lembrar que o Concello é titular deste tramo dende 2011 e dende entón nin o anterior goberno nin o novo se preocuparon por dar respostas”, expón. Ameijide lembrou que en maio de 2015 se aprobou por unanimidade unha proposición relativa á mellora do tráfico e a seguridade viaria.

Por último, Antonio Ameijide conclúe que “xa deixando a un lado a imaxe negativa que supón para o municipio ter dous dos seus principais accesos nestas condicións francamente mellorables, estamos a falar de que simplemente coa iluminación e a dotación de beirarrúas e pasos de cebra se garantirían moito máis a seguridade de condutores pero sobre todo dos peóns en puntos especialmente conflitivos”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies