DeportesInfraestruturas

O PP critica o “ambicioso e avanzado” proxecto da pista de motocrós do goberno local xa que tan só o forma unha fotografía aérea da zona

By 23 Novembro, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy explica que despois de varias semanas por fin se tivo acceso ao proxecto do goberno local para a construcción dunha pista de motocrós no municipio, un proxecto que só está formado por unha fotografía da zona na que se pretende actuar, pero que a día de hoxe carece de proxecto formal

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, constatou as sospeitas que se tiñan no grupo popular con respecto ao “ambicioso e avanzado” proxecto para a construción dunha pista de motocrós en Lugo, unha iniciativa da que presumiu o edil de deportes Miguel Fernández e que, realmente, “é fume”.

Óscar Poy fai estas declaracións despois de ter acceso ao expediente do proxecto desta nova infraestrutura e comprobar que “ese avanzado proxecto” unicamente é un mapa da zona na que se pretende actuar cunha delimitación das futuras instalacións realizada “a grosso modo” e un informe no que se confirma que os terreos elixidos poden destinarse ao uso que se lles quere dar como pista de motocrós. “Se este é o ambicioso e avanzado proxecto da pista de motocrós que anunciou o concelleiro de deportes moito nos tememos que Lugo non terá unha pista de motocrós mentres siga a fronte do goberno local este equipo de goberno.

A ambición do goberno local por facer realidade este proxecto chega ao punto de que dende o Concello de Lugo non hai ningún tipo de comunicación coa Federación de Motociclismo para informarse dos procedementos para construír unha dotación así e das características e necesidades específicas que presentan.

Óscar Poy teme que este proxecto “caia en saco roto” e todo quede “nunha nova cortina de fume” do goberno local, habituado a anunciar actuacións na cidade, pero que logo vemos que “quedan en nada”. Exemplo desta inacción do goberno local está a creación dun novo pavillón polideportivo multidisciplinar na cidade, unha actuación que se aprobou no pasado mandato e no actual, en ambas ocasións a iniciativa do Partido Popular. “Incluso pedimos que se incorpore unha partida nos orzamentos municipais para este fin, pero vemos como non queren facelo, ao igual que tememos pasará coa pista de motocrós”, lamentou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies