Seguridade

O PP critica que a alcaldesa pase de “negar o problema das okupacións a amparalas”

By 26 Xaneiro, 2023No Comments

Para os populares, a rexedora tenta xustificar un problema inadmisible e que hai que combater con políticas e leis claras que protexan a propiedade privada

No Grupo Popular din que ás últimas declaracións da alcaldesa, nas que vincula as okupacións á falta de vivenda pública, son unha tomadura de pelo. Para Ramón Carballo resulta indignante que “Lara Méndez pase de negar a okupación a xustificala”.

O voceiro popular Ramón Carballo lamenta que a alcaldesa de Lugo “en vez de loitar contra a okupación a siga amparando”. O popular lembrou como “a nós chamáronnos alarmistas por pedir solucións e frear o efecto chamada das okupacións” matizando que  “agora como a veciñanza dun dos barrios máis afectados de Lugo, como é o da Milagrosa, non aguanta máis recoñecen o problema”.

Carballo manifesta que “a forma de actuar da alcaldesa é reiterativa: cando hai un problema en vez de buscar solucións busca culpables e, curiosamente, sempre hai confrontación coa Xunta”.

Os populares lémbranlle á alcaldesa que ten instrumentos municipais para atender a persoas vulnerables “conta coas partidas de Emerxencia Social” suxeríndolle que “amplíe a súa contía e reduza os gastos de autobombo persoal”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies