- A edil do PP, Mar Carballas, desvelou que no punto 5 da orde do día da xunta de goberno prevista para mañá se informa de que “por un erro de cálculo do custe” o goberno local desiste do procedemento
MARTES 30 DE XULLO DE 2024
- Mar Carballas pide a BNG e PSOE que “deixen de facer oposición e dediquen o tempo a xestionar cuestións que son da súa competencia” xa que “non é a primeira vez que que teñen que repetir procesos de contratación apurando os prazos ou incluso quedarse sen o servizo (montaxe escenarios San Froilán 2023; o programa aprende xogando)”
- Os populares consideran grave que a estas alturas, faltando pouco máis dun mes para o comezo do curso escolar, o goberno local teña que buscar solucións in extremis para dar o servizo de comedor e se pregunta “en que mans estamos” logo de que se certifique que non saben nin o que lles custan os servizos da súa competencia
- Esta nova xurde a dous días da finalización do prazo para presentar ofertas para a contratación do servizo de almorzo e comedor dos CEIPs do concello de Lugo
- Á visto do sucedido dende o PP urxen “máis xestión e celeridade en asuntos, como este, de vital importancia” e así trasladar unha mensaxe de tranquilidade ás familias que necesitan este servizo