Cultura

O PP critica que a alcaldesa prefira acompañar a Sánchez que explicar a polémica adxudicación do polbo do San Froilán

By 13 Setembro, 2016Sin comentarios

A concelleira do Grupo Popular Encarna Amigo recrimina que a socialista Lara Méndez ningunee á Comisión de festas salientando que “é unha tomadura de pelo que adiantasen a convocatoria para logo non dar nin unha soa explicación de como teñen previsto resolver a polémica decisión”

O GMPP calificou “de fraude aos veciños” a falla de transparencia na adxudicación das casetas e dos caldeiros do polbo do San Froilán. A concelleira popular Encarna Amigo fixo estas declaracións logo de asistir á comisión de festas que se celebrou esta mañá salientando que “é unha tomadura de pelo que adianten unha convocatoria e logo nin comparece a alcaldesa, que é a Presidenta da Comisión, nin a concelleira responsable e o propio voceiro socialista son quen de aclarar o que se acordou na reunión celebrada nas últimas horas por Lara Méndez e o adxudicatario das casetas”. De feito os populares solicitaron “que constase en acta a ausencia e a negativa da Lara Méndez a dar explicacións do que se tratou neste encontro”.

A concelleira popular tamen recriminou que os socialistas responsabilicen aos técnicos municipais do cambio das bases. Encarna Amigo criticou que no prego de condicións non se  contemple que “o caldeiro e a caseta se adxudiquen de forma conxunta e que se limite a unha caseta e caldeiro por empresa co fin de garantir a calidade e a competencia”. Amigo censurou “que tampouco se esixa ningún tipo de experiencia hosteleira aos que participen no concurso” asi como que “aquelas firmas que se presenten asuman unha mínima responsabilidade e penalización en caso de non cumprir as ofertas”.

Para os populares unha vez máis “é a improvisación e o retraso co que os socialistas abordan a xestión dos principais temas municipais o que provoca despropósitos como que, a dúas semanas de que abran as casetas descoñezamos quen se vai a ocupar de servir o polbo en Lugo, ou que, o bancal do parque Rosalía de Castro estea hoxe deserto cando se podían estar empezando a montar as casetas”. A popular explicou que o mesmo camiño seguen outros aspectos da organización das festas como “o alumeado ornamental que ainda non está adxudicado porque se están valorando as ofertas presentadas”, indicou a edil do PP.

Amigo concluiu que a falla de transparencia coa que se tomou a decisión “en vez de garantir a competencia o que está garantindo é a especulación”. A concelleira popular lamenta que “todo este engorroso proceso” estea danando “a reputación das patronais e da propia institución municipal”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies