Servizos sociais

O PP critica que Lara Méndez leve 3 meses sen pagar as axudas ao aluguer aos que máis o necesitan

By 20 Marzo, 2023Sin comentarios

Macamen López Silva explica que os beneficiarios das axudas ao aluguer levan 3 meses sen cobrar esta axuda e non poden acceder aos bonos de emerxencia social por ser beneficiarios dunha axuda que non perciben

O goberno de Lara Méndez ten unha nula sensibilidade por axudar ás familias que peor o están pasando, xa que hai tres meses que non pagan as axudas ao aluguer aos beneficiarios.

Macamen López Silva lamenta a insensibilidade do goberno local xa que nestes tres meses nada fixeron por solucionar o problema, a pesar de que non é a primeira vez que sucede, xa que dende o Grupo Municipal Popular xa se denunciou en varias ocasións esta situación.

A concelleira popular incide en que esta situación, que se repite periodicamente a comezos de ano e durante o verán, débese á falta de previsión e de traballo do goberno de Lara Méndez por non ter solucións a este problema recorrente. Ademais, esta indefensión para os beneficiarios desta axuda fai que o pasen peor os que máis axuda precisan.

Tampouco é posible facilitar a estas persoas as axudas de emerxencia social xa que “non poden recibila porque son beneficiarios da axuda para o aluguer que non están a cobrar”.

A concelleira popular afirma que a desorganización dos servizos sociais “sobrecargados de traballo e con escaso persoal” ten consecuencias negativas para todas as familias que precisan de calquera tipo de axuda.

Macamen López Silva insiste na necesidade de reformular o funcionamento dos servizos sociais “para evitar que se repitan situacións como estas se deberían ingresar a axuda ao aluguer antes de que remate o mes” reclamando de novo un reforzo do persoal de servizos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies