Infraestruturas

O PP critica que Lara Méndez volva a dar as costas aos lucenses ao negarse a esixir o remate da autovía que une Lugo con Santiago

By 29 Setembro, 2022No Comments

Antonio Ameijide lamenta que a rexedora non acompaña con feitos esa máxima da que sempre presume de que “reclamará infraestruturas en Madrid independentemente de quen goberne” tras ver como votou en contra de reclamar a finalización da conexión coa capital galega por autovía

Lara Méndez e o PSOE seguen a dar as costas a Lugo e aos lucenses tras negarse hoxe a reclamar ao goberno de Pedro Sánchez celeridade no remate da autovía A-54 que une Lugo con Santiago.

Antonio Ameijide critica que a rexedora “segue a dar as costas” a Lugo tras votar en contra desta petición, demostrando que “é mentira iso que sempre di a alcaldesa de que reclamará infraestruturas para Lugo independentemente de quen goberne en Madrid”.

O vicevoceiro popular recordou que o compromiso de gobernos do PP con Lugo sempre estivo presente ao recordar como dos 7 tramos abertos desta autovía, 6 realizáronse e inauguráronse baixo un goberno do PP en España, e o restante construíuse tamén no goberno de Mariano Rajoy e preparado para ser inaugurado trala moción de censura de 2018.

“Por se quedaba algunha dúbida o PSOE traballa contra Lugo e contra a provincia e hoxe o deixaron de novo patente”, indicou, recordando outras moitas necesidades como maiores inversións en ferrocarril para que chegue a alta velocidade a Lugo ou mesmo a A-56 de Lugo a Ourense “totalmente esquecida” por Pedro Sánchez. “So queremos que Lugo sexa un Lugo de oportunidades pero o PSOE dende Madrid, apoiado polo de Lugo, fai todo o posible para que non sexa así”, finalizou.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies