EconomíaTransparencia

O PP critica que Méndez compre, cun préstamo, un coche oficial de alta gama de 70.000 € en plena pandemia

By 14 Decembro, 2020No Comments

Cuestionamos que se solicite un crédito de 7.150.000€ xa que suporá unha hipoteca de 10 anos de pagos, aos que hai que sumar os 987.747,49€ de intereses cando, hai ano e medio, o concello dispoñía de 47 M€ de remanentes e a cidade non mellorou e, mentres tanto, socialistas e nacionalistas queren un préstamo en nome de todos os lucenses.

  • Xunto co vehículo híbrido de alta gama (70.000 €) que substituirá o audi A6 que ten a alcaldesa, tamén, se adquirirá un segundo vehículo de gama media (33.000€) non sabemos se para o seu vicealcalde ou para os concelleiros
  • Méndez e Arroxo minten cando din que admitiron a totalidade das nosas propostas xa que “o 81% das achegas que lles presentamos, o pasado mes de novembro, non se incorporaron ao documento. Tan só nove das 47 achegas se tiveron en consideración”
  • Un bo xestor mídese pola capacidade de executar investimentos, polo que hai que lamentar o “escasísimo peso” do plan de investimentos para 2021, que non chega ao 14% do total do orzamento  e por riba cando chega o momento de executar non son capaces de facelo. (Por poñer un exemplo, do orzamentado en 2019 tan só executaron o 15% do previsto).
  • A socialista Lara Méndez e o nacionalista Rubén Arroxo continuan coa escalada do gasto corrente na que os gobernos socialistas levan anos instalados. Sube 2,5M€ pasando dos 88 M€ de 2020 aos 90,7 M€. O gasto corrente destes orzamentos supón o 85% do total do orzamento.
  • Canto a previsión de gastos do borrador de orzamentos apunta que o biogoberno non se ve capaz de facer á praia fluvial, á unión do paseo Miño-Rato, á demolición do Garañón ou á construción do novo pavillón polideportivo e, mesmo, renuncian a actualizar o PEPRI, revisar o PXOM ou o desenvolvemento urbanístico do Carme e abrir o novo auditorio de Magoi. Non hai ninguna partida reservada.
  • En vez de potenciar os gastos para facer fronte a programas de entidades sociais ocasionados pola crise sanitaria, o bigoberno recurta a partida para estas en 300.000 €. Tamén consideramos escaso o incremento da partida de emerxencia social que pasa dos 270.000 € aos 300.000 € pese as dificultades que está provocando desta pandemia.
  • En materia económica semella que se va a perpetuar o modelo de contratos caducados no Concello xa que manteñen os mesmos gastos en empresas como, por exemplo, do ciclo da auga ou no contrato de iluminación.
  • O bigoberno ten pouca ambición en promocionar o turismo e convertelo en motor económico da cidade. A partida de gastos reservados para a promoción da imaxe da alcaldesa (250.000 €)  triplica á que se destina á promoción turística da cidade (78.000 €).  Nos orzamentos para o 2021 (ano Xacobeo) observamos como o bigoberno carece dunha política turística de nivel que consiga xerar emprego e dinamizar a actividade económica do municipio entorno ao Camiño Primitivo e os outros patrimonios da Cidade como son Muralla e a Catedral
  • Os orzamentos para a zona rural son inxustos e insolidarios coa súa veciñanza xa que segue discriminando aos veciños que viven nas parroquias.
  • Estamos diante dun orzamento pouco riguroso “en moitas partidas de ingresos fixeron un corta pega que, a todas luces, resulta ridículo se temos en conta os condicionantes desta pandemia: suben máis de 20.000 € a partida que prevén de ingresos en entradas, espectáculos e exposicións; aumentan en 000€ a partida relativa ás entradas de museos cando non se cobra por acceder a eles; o mesmo ocorre coa Escola de Música, os comedores escolares e as actividades extraescolares o unas garderías municpais (onde teñen que aplicar a gratuídade do segundo fillo).
  • Por último é o colmo que fagan unha previsión de ingresos de 35.000 € por colocación de terrazas cando a alcaldesa se comprometeu a non cobrárllelas. Tamén é chamativa que nos ingresos por ocupación de solo se pase de 850.000 no ano 2020 a 1.117.187 (sube un 25%)
  • Tamén, a conta das transferencias de capital, observamos unha rebaixa das achegas da deputación que pasan dos 750.000 € aos 157.000 € o mesmo sucede coas transferencias da Unión Europea que se reducen con respecto ao exercicio actual a case tres millóns de euros.
  • Méndez e Arroxo intentan minimizar un dos debates máis importantes da xestión municipal. Se queren conseguir apoios aos orzamentos non é este o método máis adecuado, está claro que o que menos lles importa é o consenso e a participación.

 

En conclusión: os orzamentos para 2021 son:

  • Unha hipoteca para os lucenses que teremos que pagar durante 10 anos un crédito cuns intereses de case un millón de euros
  • Son uns orzamentos feitos a medida para sacar réditos políticos en vez de ser uns orzamentos de cidade.
  • Carecen de ambición, non son os orzamentos que Lugo necesita

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies