Medio Ambiente

O PP critica que Méndez tardase 6 anos en aceptar a proposta do PP de unir os paseos do Miño e do Rato  

By 15 Decembro, 2022Sin comentarios

Os populares explican que “gañar 40.000 m2 de zonas verdes é unha vella demanda  dos lucenses”  lembrando como o Grupo do PP levou, ata en catro ocasións, a pleno esta intervención para completar o cinto verde de Lugo

  • Dende o PP lamentan que unha vez máis a alcaldesa chegue tarde pero pese a todo “consideran positivo que, finalmente, nos fagan caso e traballen para pechar un parque deseñado e financiado na súa totalidade por gobernos do PP”
  • De momento, en case 25 anos de gobernos socialistas e nacionalistas non fixeron nin un só metro cadrado do cinto verde de Lugo é máis “son pouco dilixentes á hora de manter esta zona, cos paseos nalgúns puntos en moi mal estado con lama no inverno e con maleza en verán”
  • Os populares tamén manifestaron que “agardan que a unión dos paseos do Miño e do Rato non sexa outro proxecto fallido da colección da alcaldesa” e que “a intervención que veñen de anunciar non se quede nunha bomba de fume” en alusión a outras similares que dependen de fondos europeos en referencia á perda dunha liña de subvención europea de 6M€ para o Museo da Romanización
  • A primeira vez que os populares levaron a pleno a proposta de unir ambos parques foi no ano 2016 e que socialistas e nacionalistas votaron en contra. Esta proposta de completar o cinto verde de Lugo reiterárona nos anos 2018, 2020 e 2021
  • A forma de entender a política municipal dos populares, presentando iniciativas útiles para á veciñanza, levounos tamén a brindarse, no ano 2021, a negociar cos propietarios dos terreos da Tolda a venda das parcelas necesarias para acondicionar o tramo que faltaba para completar o cinto verde
  • Por último dende o PP cren que o PSOE e o BNG son moi pouco ambiciosos e, nese senso, lembran que hai riba da mesa outra iniciativa do PP para crear unha ruta de 21 quilómetros pola outra ribeira do Miño. “Deberíamos estar xa traballando neste proxecto pero a falta de ambición e de visión de cidade de Lara Méndez nos impide aos lucenses a disfrutar de novos espacios que terían que estar xa abertos dende hai anos”
  • “Méndez vende o seu selo ecofriendly e presume dun Green Vancouver en Lugo cando en case 24 anos non foi quen de unir un tramo de 000 m2 para unir o Paseo do Miño co Paseo do Rato nin facer nin un só metro cadrado neste entorno”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies