Infraestruturas

O PP critica que Méndez venda como logro tardar 5 anos en reaccionar para conseguir a cesión do vello colexio do Sagrado Corazón

By 5 Maio, 2021No Comments

O Partido Popular agradeceulle de forma irónica á alcladesa de Lugo que “só tardase cinco anos en iniciar as negociacións para conseguir a cesión das instalacións do Colexio do Sagrado Corazón como lle solicitamos en reiteradas ocasións dende o ano 2016 dende o Grupo Popular ”

Partido Popular aplaude que a alcaldesa de Lugo “só tardase cinco anos en dar o paso para iniciar as negociacións coa entidade titular das instalacións do colexio do Sagrado Corazón para conseguir a cesión destas instalacións”.

O voceiro popular Ramón Carballo lembra que “a propaganda da alcaldesa se esquece de que en 2016, e no ano 2019  o Grupo Popular presentou senllas iniciativas no pleno, ambas aprobadas por unanimidade, instando a iniciar de forma urxente estes contactos”. “Era unha vella demanda dos populares de Lugo que, por desidia de Lara Méndez, chega tarde”.

O voceiro popular explicou que “de estar cedidas as instalacións se podería abrir xa este verán a toda a veciñanza a pista polideportiva escolar, gañando un novo espazo público para o barrio”.

O voceiro do PP lamenta “o tempo perdido” e agarda que se avance nos estudos  necesarios para comprobar se as dependencias valen para o futuro Centro de Saúde e, no caso de que non se adecúe o espazo existente para este uso sanitario, que o goberno local inicie os trámites para a posta a disposición da Consellería de Sanidade dos terreos necesarios para a construción dun novo centro de saúde no barrio.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies