Servizos sociais

O PP critica que a “neglixencia dos socialistas” bloquea, durante 2 anos, novas axudas ao alugueiro

By 23 Marzo, 2017No Comments

A concelleira popular Mari Teijeiro denuncia a despreocupación do goberno local por “saltarse a convocatoria en 2016 do programa de axudas de alugueiro” provocando malestar entre as familias que precisan desta achega económica

O Grupo Popular critica a incapacidade do goberno local para publicar as axudas ao alugueiro de  2016 asegurando que “a ausencia desta convocatoria afecta a máis de 130 familias que non pudieron solicitar esta achega o pasado exercicio”. Mari Teijeiro afirmou que a resposta que deron hoxe os socialistas na Comisión reafirma “a súa neglixencia e despreocupación por poñer en marcha, en prazo, o programa de axudas ao alugueiro”. A popular explicou que non é crible a escusa de que demoraron a tramitación desta convocatoria porque estaban estudando a posibilidade de adherirse ao programa do alugueiro da Xunta.

A concelleira popular explicou que esta liña de axudas ao alugueiro son bianuais e que os socialistas se saltaron “de forma premeditada a convocatoria de 2016”. Teijeiro avala esta afirmación en que “o que se orzamentou o pasado exercicio para este programa tan só chegou para cubrir as axudas das convocatorias de 2014 e 2015”. “Se é xa grave que se saltasen o prazo da convocatoria ainda é moito máis preocupante que as familias que precisan esta axuda teñan que agardar, agora, ata 2018 para cobrar estas axudas de nova convocatoria” en alusión a que, unha vez que se convoquen as bases, hai que verificar e tramitar os expedientes.

Teijeiro lembrou que a última convocatoria destas axudas de 2015 non se resolveu definitivamente ata o penúltimo día do ano “provocando retrasos nos pagos a algunhas familias que tardaron en cobrar ata seis meses obrigándolles a ter que pedir cartos prestados para pagaren a mensualidade da súa vivenda”. Para evitar que se repita esta situación e, tendo en conta que estamos a falar de axudas de carácter básico, a concelleira Mari Teijeiro pediu que  “nada máis aprobar os orzamentos de 2017 se publiquen as bases destas axudas ao alugueiro”.  A popular tamén reclamou que os remanentes que quedaron do programa se destine as familias que quedaron en lista de espera.

Os populares tamén presentaron varias iniciativas para levar a cabo diferentes obras en vías e locais municipais. Entre outros destaca un rogo para mellorar a accesibilidade na Rúa Outono, que comunica a avenida de Fontiñas coa rúa Primavera, suxerindo “substituir a escaleira que hai nesta vía  por unha rampa”.. Os populares tamén reclaman que se saneen e se limpen as malas herbas que hai  no terreo ao carón da escalinata  do Carril do Outono e no muro de contención do tramo da confluencia entre a Rúa do Outono coa Rúa Primavera. O goberno local comprometeuse a estudar ambas peticións.

Outra petición do Grupo Popular é para que solucionar os problemas de humidade que hai nun local da nave das asociacións de Frigsa “onde as filtracións de auga por un illamento deficiente das fiestras provoca desconchamento e malos olores nas dependencias”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies