O voceiro popular Ramón Carballo lembra que o pasado 7 de febreiro o Grupo Popular presentou un escrito solicitando unha xuntanza coa alcaldesa e o vicealcalde para entregarlles as máis de 3.000 sinaturas, recollidas durante unha semana , apoiando a apertura desta infraestructura “e de momento obtivemos a calada por resposta”
O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo lamenta a “irresponsabilidade do bigoberno” porque segue deixando pasar o tempo sen ser capaz de poñer os medios para abrir o novo auditorio de Magoi. A alcaldesa de Lugo recibiu hai un ano e nove meses este edificio e, dende aquela, o único que fixo foi poñer pegas para evitar a súa posta en funcioamento. “Sempre hai excusas, e ninguén aclara porque imos camiño de dous anos, dende que o concello é propietario do inmoble, e segue en punto morto todo o que rodea a xestión deste magnífico espazo cultural da cidade”.
A día de hoxe non existe nin prazo para o comenzo das obras que anunciaron, nin cando se vai a abrir ao público, nin que tipo de xestión terá, nin moito menos cal será a súa programación.
Este asunto non é menor porque Lugo está renunciando a traer grandes espectáculos porque o espazo escénico que temos na actualidade, o auditorio Gustavo Freire, resulta pouco atractivo para algunhas montaxes que si están actuando noutras cidades galegas.
Carballo lamenta que dende o PSOE e o BNG se dea a calada por resposta á petición que fixemos por escrito o pasado día 7 de febreiro no que solicitamos “unha reunión coa alcaldesa, Sra. Méndez, e o tenente de alcalde, Sr. Arroxo, para concretar prazos de apertura e programación do auditorio, así como para poñer á súa disposición as case 3000 sinaturas de veciños e veciñas de Lugo que queren a súa apertura inmediata e que foron recollidas por este grupo municipal durante unha semana ”.