EconomíaTransparencia

O PP critica que o bipartito gaste 2 M€ na xestión de cobro de recibos

By 11 Febreiro, 2021No Comments

O PP manifesta a súa disconformidad pola última externalización anunciada polo bipartido de cobrar as multas covid xa que considera que “este traballo o poderían prestar, perfectamente, traballadores municipais tal e como fan noutras grandes cidades galegas como A Coruña ou Ourense”

O Partido Popular considera “excesivo” o gasto anual que ten que facer o concello de Lugo de 2M€ para xestión do cobro de recibos.  Ramón Carballo asegurou que “ainda que somos conscientes de que hai servizos para os que necesariamente hai que recurrir a empresas, polos seus coñecementos específicos ou pola súa maior capacidade pero, neste caso, cremos que non é necesario”. Os populares saían, deste xeito, ao paso da nova externalización que se acaba de anunciar para o cobro das multas covid. “Se non houbesen desmantelado servizos municipais este traballo poderían prestalo perfectamente traballadores municipais o que suporía un aforro importante para as arcas municipais. De feito, noutras grandes cidades como A Coruña e Ourense o xestionan directamente con persoal municipal”.

Neste mandato o bigoberno impulsará, con esta última ampliación do contrato de Tribugest para cobro de infracciones pola Covid, tres novas privatizacións de servizos públicos.

A privatización da atención das avarías na rede de auga abría a veda deste furor privatizador o pasado mes de maio. Os populares lembran como os diferentes gobernos de esquerda dos últimos 20 anos en vez de reorganizar o servizo municipal preferiron desmantelar a brigada que había para atender os reventóns de tuberías e cortes de auga. Neste momento dependemos dunha empresa privada a cal lle pagamos 121.000 euros cando por menos de 60.000€ ao ano, en concepto de plus de disponibilidade, gardas 24 horas e horas extra, os traballadores de augas prestarían o servizo”.

A terceira privatización “cuestionable” é a de Inspección de Tributos. Nos orzamentos para 2021 reservouse unha nova partida de 405.000 para externalizar este servizo que socialistas e nacionalistas desmantelaron nos últimos anos para facer esta manobra. En Inspección de Traballo desde decembro só quedan dous funcionarios nun departamento no que antes traballaban seis persoas. O PP xa alertou de que é cuestionable esta privatización xa que o Tribunal Superior de Xustiza vasco anulou a externalización deste servizo en varios ayuntamientos de esta comunidad por considerar que “malamente se poden asignar esas funcións a empresas ou axentes externos á Administración tributaria sen invadir as competencias reservadas aos seus inspectores”

Para Carballo a alcaldesa de Lugo Lara Méndez, coa complicidade do BNG, segue os costumes do caciquismo moderno implantado no concello de Lugo, desmantelando todos os servizos municipais, para contratar a empresas que fagan o mesmo que os traballadores municipais que xa temos, pero ao triplo do custe.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies