LimpezaMedio AmbienteParques infantís

O PP critica que o goberno local teña abandonado o Polígono das Gándaras xerando perigo con pozos de gran profundidade sen tapar

By 7 Xuño, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular sinala que, unha vez máis, as zonas verdes do polígono de As Gándaras quedan fóra dos plans de mantemento do goberno local, deixando unha nefasta imaxe a todos os clientes das empresas instaladas nesta zona e abandonando un investimento dun millón de euros cando se realizou esta obra

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, amosou a súa satisfacción polo anuncio do goberno local de acondicionar varias zonas verdes da cidade nas que a vexetación invadía por completo as zonas de paseo e amosaba unha imaxe de abandono total, pero tamén lamenta a pouca ambición do bigoberno xa que deixan outras zonas fóra deste plan de acondicionamento de zonas verdes.

Antonio Ameijide recalca que, un ano máis, As Gándaras volven a quedar ao marxe dos plans de actuacións do goberno local, xa que o polígono industrial desta zona segue a carecer de calquera tipo mantemento. A imaxe que ofrece, nestes momentos, esta área industrial “é selvática” coma se se tratase dunha zona abandonada, presentando un estado máis propio dun monte sen propietario que dun polígono industrial de primeira categoría.

Na actualidade a maleza se apropiou das zonas verdes, medianeiras e rotondas desta zona industrial, os paseos están practicamente borrados e hai árbores secas, mentres que outras, como non hai plan de mantemento, medraron sen control, polo que as polas invaden as beirarrúas impedindo o paso aos peóns.

Outra das necesidades desta zona é a reparación do mobiliario urbano xa que a maleza oculta os bancos, estando moitos deles rotos ou con importantes eivas. As malas herbas tamén invaden rotondas e pasos de peóns o que produce serios problemas de visibilidade. O popular non se esquece do parque biosaudable que está “impracticable” porque a maleza cubre os aparellos; mentres que o parque infantil precisa dun acondicionamento do pavimento, os xogos e os sendeiros.

Para os populares esta non é a imaxe que debe transmitir un polígono de primeira categoría, máis tendo en conta que cada vez hai máis empresas instaladas alí, polo que o goberno local debería de garantir unha boa imaxe desta zona industrial para que cada vez sexan máis as empresas que apostan por Lugo e para que as que xa se instalaron alí non se avergoñen da imaxe que ven os seus clientes.

Finalmente, Antonio Ameijide recorda que o Concello de Lugo é a administración que xestiona as zonas verdes deste polígono desde o 17 de decembro de 2013, polo que Lara Méndez debe de manter para si mesma o nivel de esixencia que ten cando o mantemento corresponde a outras administracións, tirando por terra o investimento dun millón de euros realizado no seu momento para poñer en marcha estas dotacións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies