Deportes

O PP critica que o lavado de cara que o bigoberno deu ás instalacións deportivas non soluciona os problemas que teñen e dificulta o seu uso 

By 15 Maio, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy explica que o intento do goberno local por aparentar que fan algo non serviu de nada xa que os usuarios das instalacións deportivas seguen a sufrir as mesmas eivas de sempre

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, explica que a táctica empregada polo goberno local, de dar una man de pintura a varias instalacións deportivas municipais pode ser “efectivo” a primeira vista, pero que non vale de nada xa que as deficiencias que tiñan antes seguen presentes e os seus usuarios seguen cos mesmos problemas de antes.

Óscar Poy pon como exemplo as pistas de tenis do Palomar ou a da Piringalla. Instalacións ás que o bigoberno ordenou dar unha man de pintura para que dean unha mellor imaxe a primeira vista, pero que calquera lucense que as empregue ve como os problemas seguen aí. “Despois de tantos anos mirando cara outro lado, xa era tempo de que o goberno local se preocupara polas instalacións deportivas. Darlles unha man de pintura está ben, pero arranxar as deficiencias que presentan é o primeiro que habería que facer”, denuncia.

O concelleiro popular repasou as instalacións deportivas sobre as que actuou o bigoberno de Lugo e puido comprobar como, por exemplo nas pistas de tenis, onde era preciso realizar unha repavimentación das mesmas antes de proceder ao seu pintado ou realizar labores de mantemento xeral, xa que é preciso arranxar mobiliario, bancadas ou as redes.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies