O concelleiro do Grupo Popular Manuel López lembra que a achega de 95.000 € da Xunta para arranxar as tres mesmas pistas que hoxe anuncian a bombo e platillo “perdeuse por unha mala xestión do PSOE que foi incapaz de cumprir os requisitos da convocatoria”
“A mala xestión do PSOE Lugo saenos cara aos veciños de Lugo” deste xeito o concelleiro do PP Manuel López responde ao anuncio de que se van a reparar pistas no rural de Lugo. “É vergoñento que saquen peito de que van a investir en rexenerar estas vías cando saben que podían telas xa reparadas a coste cero”. López explica que as tres pistas que inclúen no programa de repavimentación son exactamente as mesmas que incorporaron á petición de axudas do Plan de Mellora de camiños municipais de 2019 da Xunta e que “perderon por non cumprir os requisitos da convocatoria”.
“Como non tiñan a conta xeral do exercicio de 2017 aprobada quedaron no camiño os 95.000 € que solicitaban” matizou. López asegura que no PSOE “todo é postureo” mentres que o BNG ponse de perfil e cala diante de semellante despropósito.
López pídelle ao bigoberno que lles digan aos veciños a verdade que non é outra que “obrigarnos a todos a pagar unhas obras que podían estar subvencionadas pola Xunta de Galicia”. De feito se non perderán a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural as pistas de Barbaín que enlaza coa estrada da Deputación en Buratai, en Bóveda; a pista que vai dende a estrada de Portomarín a Argonde en San Xoán do Campo e a pista que vai dende a vía de servizo na Nacional VI ao Cuco en Conturiz xa estarían feitas dende o pasado 16 de setembro, que era a data do remate que se preveía na convocatoria”.