Ante a negativa de PSOE e BNG para facer unha auditoría para que devolvan de oficio o que se cobrou de máis nos recibos da auga os populares anuncian que seguirán tramitando, dende a oficina do Grupo
No que levamos de ano un total de 240 lucenses presentaron reclamacións por recibir liquidacións da taxa de “auga, lixo, sumidoiros e canon Xunta” por importes excesivos.
Como xa ten confirmado en comisións de pleno e na resposta as reclamacións feitas por estos usuarios, unha parte importante destas liquidacións ven incrementado o seu importe pola falta de lectura dos contadores en trimestres previos. Esta falta de lectura leva a que o consumo se acumule e que o incremento de pasos eleve a liquidación ao aplicar un coste por m3 de auga maior xa que se trata dunha taxa progresiva.
Como queira que únicamente se está a dar resposta ás reclamacións presentadas e que unha parte importante da poboación, por descoñecemento ou por falla de tempo non están en situación de facer dita reclamación, parece de dereito que o Concello de Lugo asuma a responsabilidade da súa neglixencia e realice una “auditoría” dirixida a detectar todos e cada un dos fallos que provocaron un desaxuste nas liquidacións desta taxa e que, a continuación, proceda a devolver os importes cobrados indebidamente sen necesidade de que exista unha reclamación previa do titular.
Por outra banda, como tamén ten recoñecido o departamento de augas do Concello, en algúns casos, cando non se pode facer a lectura do contador, procédese a facer unha estimación do consumo realizado polos habitantes do domicilio obxecto da liquidación, polo que é mester aclarar o tipo de modelo de estimación que se aplica.
Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
Iniciar unha auditoría para de xeito inmediato os detectar todos os casos nos que a liquidación aos cidadáns da taxa de auga, lixo e sumidoiros non se fixo de xeito correcto e proceder á subsanación dos mesmos de oficio coa correspondente devolución dos importes cobrados indebidamente.
Establecer nas ordenanzas fiscais 107 e 109 o procedemento para realizar a estimación de consumo cando non é posible facer a lectura real dos contadores da auga.