Ramón Carballo acusa ao bigoberno de estar fóra da realidade cando asegura “que as reclamacións dos veciños son insignificantes” e mantén que seguirá prestando apoio para os afectados que queiran reclamar o cobrado de forma indebida.
Para o PP con que haxa unha única queixa xa é motivo suficiente para traballar e dárlle unha solución “nós non miramos o carné político de quen pide axuda e para nós todos son cidadáns de primeira”.