Urbanismo

O PP critica que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo néguense a declarar O Carme como ‘Entorno residencial de rehabilitación’

By 23 Febreiro, 2023Sin comentarios

Os populares denuncia que Lara Méndez votou en contra de declarar O Carme ‘Entorno residencial de rehabilitación’ para poder optar a parte dos 3.800 millóns de € dispoñibles en Europa para a rehabilitación de vivendas e barrios, como tamén se negou a modificar o PXOM para que as directrices urbanísticas permitan o desenvolvemento do barrio

O barrio de O Carme é unha zona cunha estrutura moi específica. A súa urbanización é moi inferior ao propio entorno, dando lugar a unha imaxen dun barrio decadente e cunha dotación de servicios moi inferior a de outras zonas urbanas da cidade.

O PERI-6 que actualmente acolle a este barrio contempla unha elevada edificabilidade pero con dous importantes condicionantes, por un lado, o Camiño Primitivo e pola outra, común a case toda a cidade, os restos arqueolóxicos. Unha singularidade que ven frenando ao longo dos anos o desenvolvemento desta zona, unha zona que actualmente presenta una elevada degradación urbana e social, pero que ofrece un enorme potencial que non debe limitarse ao uso residencial. Estamos ante un barrio cun enorme potencial para converterse nunha zona para pasear, con zonas de recreo, que fomente o turismo ou o comercio e que poña en valor unha contorna que sin duda é privilexiada.

Estamos no momento de revertir a inercia que levou a este barrio, cunha gran riqueza cultural e natural, a ser un dos grandes olvidados dos últimos gobernos desta cidade. Un barrio emblemático que a día de hoxe debe ser considerado como zona vulnerable e unha prioridade para as actuacións inmediatas do goberno. A declaración de “Entorno Residencial de Rehabilitación” é unha ferramenta que permite facer un plan integral que se apoie en normativa de rehabilitación autonómica ou que permita conseguir fondos europeos de axuda a actuacións de rehabilitación no Plan de Barrios, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

Mentres outras cidades presentan proxectos de recuperación de barrios, en Lugo se están a deixar pasar numerosas oportunidades para mellorar vivendas e edificios en barrios degradados, así temos o dudoso mérito de ser a cidade galega que menos fondos públicos pediu  para contornos residenciais.

De xeito paralelo, o Concello de Lugo debe implicarse e liderar o desenrolo urbanístico do barrio, de xeito que se axilice e fomente a posibilidade real de captar investimento público e privado para que a zona do Carme medre e avance de xeito real.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que suscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

O Concello de Lugo inicie a tramitación da declaración de “Entorno residencial de rehabilitación” para o barrio de O Carme. Así como impulsar o desenrolo urbanístico do Barrio de cara a posibilitar o avance e crecemento real da zona.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies