EconomíaServizos xeraisTransparencia

O PP cuestiona que as axudas do Reanima Lugo exclúan a asociacións sen ánimo de lucro

By 13 Abril, 2020Sin comentarios

Os populares piden “un cambio de criterio que garantice que entidades que fan un labor social imprescindible non queden fóra desta convocatoria”

O Partido Popular amosou a súa preocupación diante do feito de que “as axudas anunciadas polo concello de Lugo, ao amparo do programa Reanima Lugo, exclúan ás asociacións sen ánimo de lucro”.

Os populares aseguran que “hai casos de entidades que quedan fóra desta convocatoria de forma inxusta”. Nese senso citan como exemplo a Apnais “estamos a falar dunha entidade que ten preto de medio cento de empregados e que ofrece diferentes servizos como o de lavandería, xardinería, carpintería, taller … e que se viu obrigada a parar a súa actividade polo estado de alarma decretado pero que continúa pagando os salarios do persoal que está nestes servizos. Nestas últimas semanas os ingresos, polas prestacións que ofrecían, mermaron de forma considerable ou desapareceron por completo nalgúns traballos que ofertaban.

Por este motivo, o Partido Popular reclama que se garantice que asociacións como Apsnais, que traballan pola integración dos discapacitados, se poidan acoller a estas axudas do concello de Lugo “con igualdade de dereito que o resto de autónomos ou empresas”.

Dende o PP poñen de manifesto que este non é o único caso xa que hai moitas outras entidades sen ánimo de lucro que ofrecen servizos terapéuticos, centros de día … servizos polos que non poden facturar ainda que si manteñan e paguen ao seu persoal.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies