A concelleira popular Mar Carballas explica que no PP “estamos a favor de proxectos que fomenten o autoconsumo e a ecoloxía pero nos parece un exceso que, por xustificar un gasto de diñeiro de Europa e para facerse a foto do día da alcaldesa, se faga este despilfarro”
O Partido Popular cuestiona o gasto de 727.474,80 € dos novos 74 hortos urbanos que se van a acondicionar nas inmediacións do edificio Impulso Verde. A concelleira popular Mar Carballas explica que “se ben, dende o PP estamos a favor de fomentar os valores do autoconsumo e dos produtos de proximidade, a todas luces, nos resulta esaxerado gastar 9.830,74 euros en acondicionar cada un dos 74 hortos que se van a montar nas inmediacións do edificio do Impulso Verde”.
Dende o PP temen que “este proxecto estrela de Lara Méndez podería rematar estrelado, como ocorreu con outros de cuño socialista como o MIHL, debido á falta de mantemento que é selo característico dos gobernos socialistas” insistindo en que “non dubidamos do interese ecolóxico destes hortos así como tampouco dubidamos do interese arquitectónico do edificio Impulso Verde” pero engaden que “o que si nos preocupa é o despilfarro millonario, tanto nesta infraestrutura que carece de utilidade, coma nos propios hortos xa que nos tememos que só servirán para facerse a foto e xustificar o gasto de diñeiro que vén de Europa”.
Os populares afean a Méndez por “presumir de políticas de eficiencia enerxética cando renunciou a tramitar unha axuda que podería ter chegado aos 8M€ para cambio de luminarias de baixo consumo”. Tanto a alcaldesa como o seu vicealcalde sabía perfectamente que podían acceder a esta axuda e que con ela poderían renovar o 80% do alumeado dos barrios de Lugo. O programa ao que rexeitaron optar era o de proxectos singulares de entidades locais que favorecesen o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020”.
Os populares lamentan que ningún responsable público dese explicacións públicas dos motivos polos que rexeitaron reclamar esta subvención indicando que “está clarísimo que a rivalidade entre ambos está custándonos cartos a todos” e engaden que “neste caso perderon a oportunidade de recibir cartos de Europa polo simple feito de que Arroxo non sairía na foto xa que por tratarse de diñeiro da Unión Europea, aínda fose para cambio de luminarias, compételle á alcaldesa dar publicidade ao investimento”
Outro exemplo de falta de control na factura eléctrica do concello é o feito de que as pistas de tenis de Frigsa permanezan alumeadas incluso cando non hai xente xogando.