Zona rural

O PP de Lugo organiza a XII edición do Xantar da zona rural que se celebrará o vindeiro 5 de xuño

By 21 Maio, 2022No Comments

Nesta celebración, que levaba dous anos sen organizarse por mor da pandemia , se entregará o Premio Serafín Pena Souto a título póstumo ao concelleiro Manuel López Fernández “con este galardón queremos  recoñecer e agradecer de forma pública a lección de vida e a entrega do que foi ata hai uns meses concelleiro do rural no Grupo Popular”

Dende a Xunta Local do PP de Lugo recupérase un ano máis o Xantar de Confraternidade da zona rural. A xuntanza, que alcanza a súa XII Edición, terá lugar o domingo 5 de xuño ás 14.30 horas no Restaurante de La Palloza. As entradas, cun custe de 25€, pódense retirar dende o martes 24 tanto no Grupo Municipal, na Casa do Concello da Praza Maior, como na sede do Partido en Ramón Cabanillas.

Neste acto se fará entrega, a título póstumo, ao concelleiro Manuel López do II Premio Serafín Pena Souto indicando que “se trata  dun recoñecemento a Manolo do Rural pola súa defensa incansable das 54 parroquias do municipio durante toda a súa vida profesional e política”.  “A mellor maneira de homenaxear ao noso compañeiro e agradecerlle publicamente a súa entrega e o seu traballo para mellorar o rural é xuntando a todos os seus amigos e compartir mesa con eles” resumen os populares.

O tradicional Xantar do rural do Partido Popular con colaboradores e afiliados suspendeuse os dous últimos anos por mor da pandemia e agora “coa recuperación da normalidade volvemos a  celebrala”. Nese senso “agardamos que  nesta edición se recupere o aforo dos anteriores eventos” agradecendo de antemán “o esforzo e a fidelidade dos preto de 250 simpatizantes que está previsto que acudan a esta tradicional xuntanza.

No xantar participarán a Presidenta Provincial do Partido Popular Elena Candia e o Presidente da Xunta Local Ramón Carballo, entre outros cargos do partido.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies