Proposición

O PP debatirá propostas para un Lugo máis dinámico e accesible apostando polo talento universitario, as melloras en mobilidade e o coidado dos barrios

By 28 Xaneiro, 2025Sin comentarios

O Grupo Popular presentará no  pleno deste mes de xaneiro unha serie de propostas centradas en impulsar o talento local, mellorar a mobilidade e revitalizar os espazos urbanos

Lugo Cidade Universitaria

Desde o Grupo Popular pensamos que hai que aproveitar o potencial do Campus Terra e do talento universitario para deseñar o Lugo do futuro. Na iniciativa que levamos ao pleno do xoves defendemos convenios específicos para integrar o coñecemento académico en proxectos municipais, bolsas de traballo con empresas locais e prácticas remuneradas no Concello para fomentar a inserción laboral da mocidade.

“Investir no talento local é investir no futuro de Lugo. Fortalecer a marca Lugo, Cidade Universitaria, non é só un obxectivo, senón unha necesidade estratéxica”, afirmou Elena Candia, portavoz do Grupo Popular. Lamentamos que, mentres outras cidades avanzan neste eido, o goberno local siga externalizando estudos clave a empresas de fóra que descoñecen a nosa realidade.

Mobilidade

Unha das  prioridades que temos no Partio Popular é a de solucionar o problema do aparcamento e mellorar a mobilidade en Lugo. Por iso propoñemos finalizar a Avenida Vila Verde, a rúa que conecta Catasol con Sanxillao e que segue cun tramo central sen urbanizar, algo que o Concello puido ter feito hai anos pero que segue sen resolver.

É significativo que incluso un dos socios de goberno, o BNG, coincidan connosco en que abrir esta rúa non exime da necesidade de crear un novo aparcamento en Fontiñas.

O Concello debe liderar este proxecto, activando os mecanismos necesarios para redactar e aprobar os proxectos de planeamento, reparcelación e urbanización.

Revitalizar Recatelo e coidar o Parque de Rosalía

A terceira proposición que defenderemos no pleno é para impulsar un plan integral para revitalizar Recatelo e o Parque de Rosalía, poñendo en valor este  espazo do que os lucenses nos sentimos orgullosos e que presenta un estado de abandono. Propoñemos un programa permanente de conservación para garantir o coidado deste Ben de Interese Cultural e accións de revitalización do barrio de Recatelo para promover a súa dinamización social e económica.

Administración áxil e cercana

Froito da reunión cos representantes do Colexio de Xestores Administrativos, levamos a pleno a súa proposta de mellorar as aplicacións do Concello para facelas máis intuitivas e dinámicas e recoñecer  aos xestores administrativos como representantes dos seus colexiados, facilitando o acceso a documentos clave como certificados de empadroamento ou de estar ao día nos impostos, de cartas de pago de anos anteriores.

“Unha administración moderna e eficaz é esencial para unha cidade que quere avanzar”, concluíu Candia. É preocupante que o Concello de Lugo continúe operando con ferramentas obsoletas que dificultan as xestións diarias dos veciños e profesionais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies