- Na reunión que se celebrou onte Elena Candia ofreceu axuda á veciñanza para preparar alegacións individuais e avanzou que “o grupo municipal tamén presentará as súas” tamén explicou que no vindeiro pleno do Concello defenderán unha iniciativa “para instar ás administracions competentes a estudar as alegacións que se presenten e, conforme a lei, sexan tidas en conta”
MARTES 18 DE XUÑO DE 2024
- O Grupo Municipal leva xa tempo informando aos veciños sobre este proxecto tanto en reunións coas directivas dalgunhas asociacións, en reunións abertas á cidadanía como a que se celebrou onte ou, tamén, a título particular
- A voceira do Grupo Municipal do PP Elena Candia afirma é prioritario que “haxa a máxima transparencia e información rigurosa” e, en segundo lugar, manifestou que “queremos axudar e dár asistencia ás persoas que están preocupadas pola implantación na parroquia de Coeses desta iniciativa empresarial”
- O sábado día 8 de xuño o Grupo Popular mantivo un encontro cos Presidentes das Asociacións das parroquias de Soñar e de Cuíña para informar que estaba a exposición pública e se lles trasladaba que o Grupo Municipal do PP presentaría tamén alegacións ao proxecto.
- Nesa xuntanza acordouse facer un novo encontro aberto á cidadanía que se celebrou onte na Gasoliñeira Ponte Branca e onde participaron veciños de Coeses, Soñar, Santa Comba, Nadela, Conturiz, San Xoán do Campo e Santiago de Saa.
Na reunión a voceira popular tamén avanzou que ofrecerá asistencia e información técnica a aquelas persoas que queiran presentar alegacións, suxestións ou observacións individuais para a súa posterior valoración. Póran a súa disposición a persoal cualificado que os atenderá a vindeira semana.