EconomíaProposición

O PP defenderá no pleno a adhesión de Lugo ao ‘Doing business’, unha vía necesaria para acadar a reactivación económica do municipio

By 24 Novembro, 2021Sin comentarios

Ramón Carballo pide a Lara Méndez e Rubén Arroxo “altura de miras” para que Lugo se sume ‘Doing Business’ xa que permitirá oportunidades de mellora económica para o municipio e será un bo complemento para o Lugo Transforma

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, explica que o seu grupo presentará no pleno de mañá propostas encamiñadas a mellorar a economía do municipio, para “entre todos acadar esa reactivación económica que ansiamos e desexamos”.

Neste senso, os populares pedirán que Lugo se sume á rede dos concellos ‘Doing Business’ de cara a beneficiarse dos fondos ‘Next Generation’, nun momento no que en Galicia xa hai 147 concellos, 22 deles na provincia de Lugo, adheridos a este convenio de colaboración asinado pola Xunta e a Fegamp. “Coa incorporación de Lugo aos concellos emprendedores complementarase o programa de captación de empresas Lugo Transforma, polo que agardamos que tanto socialistas como nacionalistas teñan altura de miras para apoiar esta proposta, ao igual que dende o PP apoiamos sen fisuras sacar da hucha das arcas municipais 12 M€ para o Lugo Transforma”, apuntan.

Explica Ramón Carballo que “ao sumarse ao ‘Doing Business’ o Concello de Lugo tería que comprometerse a ofrecer bonificacións no IBI, IAE e o ICIO ás empresas que se instalen no termo municipal a cambio dun compromiso de creación de emprego”.

De unirse a este protocolo é preciso axilizar os trámites administrativos algo para o que os populares piden resolver nun mes as peticións de licenzas de obra maior, algo que o Concello de Lugo pode facer ao amparo do artigo 54 da Lei 09/2021 de Simplificación Administrativa e de Apoio á Reactivación Económica de Galicia, normativa que ofrece a posibilidade de que os proxectos que vaian acompañados dunha certificación emitida por una ECCOM se informen por parte do Concello no prazo dun mes.

Propostas son as que o Grupo Popular presentou para modificar as ordenanzas fiscais de cara ao vindeiro exercicio.

 

Apertura bolsas de emprego municipais

O Grupo Municipal Popular tamén defenderá unha iniciativa na que instan ao goberno local a apertura inmediata das bolsas das listas de emprego que aínda están pendentes de resolver, situación enquistada dende que en xullo de 2020 o Concello de Lugo anunciou a creación dunha bolsa de emprego que recollía 42 categorías para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir nos diferentes servicios municipais.

A realidade é que o goberno local pretendía garantir que en ningún momento queden postos sen cubrir, sobre todo nalgúns departamentos que por distintas circunstancias son máis proclives a contar con menos persoal e nos que se detecta unha demanda frecuente de traballadores, pero vemos como de novo todo quedou nunha cortina de fume a pesar de que se trataba dunha iniciativa que parecía unha boa oportunidade de emprego para persoas con dificultades no mercado laboral.

 

Municipios contra a Violencia de Xénero: Tolerancia Cero

O Grupo Municipal do PP de Lugo quere que Lugo se sume á campaña de Municipios contra os malos tratos impulsada por Antena 3 Noticias e a Fundación Mutua Madrileña, unha proposta que se debaterá o 25-N.

Os populares insisten en que ratificar este compromiso implicará a posta en marcha de novas iniciativas, como medidas de concienciacións social dirixidas aos mozos lucenses ou a aprobación dun manifesto contra a violencia de xénero, o que situará a Lugo no mapa de municipios preocupado polas mulleres e a igualdade.

 

Apoio ao sector lácteo

Os concelleiros populares tamén defenderán unha iniciativa para defender ao sector lácteo galego, sector que posúe unha importancia transcendental xa que Galicia é líder destacado a nivel nacional tanto en número de gandeiros como en produción de leite, xa que a nosa comunidade acolle a máis do 55% dos gandeiros de todo o estado.

Por este motivo e ante a difícil situación que están a atravesar os productores de leite, o Grupo Municipal Popular defenderá que o Concello de Lugo inste ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a adopción das medidas oportunas para acadar que os gandeiros cobren polo seu producto un prezo que cubra os custos de produción máis un beneficio, como é obxectivo de calquera empresa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies