SeguridadeTráficoUrbanismo

O PP defenderá no pleno iniciativas para mellorar a mobilidade e a seguridade en Lugo

By 27 Decembro, 2022Sin comentarios

Ramón Carballo explica que, seguindo a cota de participación que se cedeu aos lucenses, varias das propostas que se defenderán acordáronse cos veciños nas diferentes xuntanzas das últimas semanas

O PP defenderá no pleno de mañá varias iniciativas encamiñadas a mellorar a mobilidade e a seguridade no municipio, mocións todas que se acordaron cos veciños de Lugo nas diferentes xuntanzas que os populares manteñen a diario cos lucenses.

Unha destas iniciativas pedirá ao Concello de Lugo mellorar a seguridade no municipio a través de plans de seguridade específicos para os diferentes barrios da cidade onde se coordinen os distintos corpos de seguridade para que haxa máis presencia policial nas rúas, tendo en conta aqueles barrios que presentan problemas como pode ser o da Milagrosa.

A convivencia en comunidade esixe o cumprimento de normas sociais, normas que permiten o exercicio de dereitos que están garantidos a través de normas aprobadas polas Administracións Públicas. Os comportamentos incívicos, en calquera ámbito, ademais de danar bens e espazos que son patrimonio de todos, supoñen un ataque á convivencia, unha actitude insolidaria e unha falta de respecto cara os cidadáns. Pero non só os bens públicos, a propiedade privada tamén debe ser obxecto de protección por parte das administracións públicas.

Existen barrios, como o da Milagrosa, que a día de hoxe demandan o compromiso firme de que se vai a reforzar a presencia policial coordinada entre a Policía Local e a Policía Nacional. Estamos a falar dun barrio vítima do abandono que ve como os problemas de convivencia están a converter este barrio na imaxe da decadencia.Tráfico de drogas ou okupación son queixas que trasladan a diario os veciños da zona.

 

Solución aos tapóns urbanísticos

Os populares pedirán a eliminación dos tapóns urbanísticos históricos para mellorar a seguridade e mobilidade nos barrios de Lugo, algo que se debería de realizar a través da elaboración dun censo de tapóns para detectalos todos e logo darlles prioridade e suprimilos de forma progresiva.

Os populares realizan esta petición para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria en diferentes puntos da cidade, algo agora complicado debido aos estreitamentos de vías ou rúas que rematan en parcelas selváticas que requiren de intervencións e de orzamentos municipais.

 

Melloras na conectividade dos polígonos

Para axudar a mellorar a economía do concello, os populares ven preciso instar ao Goberno de España a iniciar os traballos necesarios para o desdobramento e iluminación da Ronda Norte así como deseñar unha vía de servizo que conecte a A-6 co polígono das Gándaras.

Os polígonos precisan servizos e infraestruturas axeitadas, que faciliten a actividade empresarial.  Así, en Lugo faise preciso mellorar a conectividade entre ambos parques así como os accesos a cada un deles para posibilitar a implantación e a consolidación empresarial. Estamos a falar dunha demanda compartida coas asociacións empresarias e que é clave para a competitividade do municipio.

 

Proba única de ABAU

Os populares tamén pedirán a unidade do pleno para acadar a implantación, en coordinación coas Comunidades Autónomas, dunha proba única en todo o territorio español de Avaliación do Bacharelato e Acceso á Universidade (ABAU), coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades e equidade de todos os alumnos con independencia do lugar en que realicen a proba.

As probas non son iguais para todos os estudantes, debido a que se produce unha distorsión no sistema desde a perspectiva da equidade e da eficiencia. Ao longo do territorio español existe unha demanda crecente para que a ABAU sexa igual en todo o territorio español, co obxectivo de que os alumnos teñan as mesmas oportunidades, tanto no acceso como na admisión á Educación Superior. Unha proba única tería vantaxes engadidas como a avaliación do sistema educativo no seu conxunto.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies